Publicación da Revista de Investigación CEXTEC

A Revista Emprego e Xestión do Talento publícase, con periodicidade semestral, en formato electrónico e acceso aberto.

A Revista Emprego e Xestión do Talento publícase, con periodicidade semestral, en formato electrónico e acceso aberto. Ten como obxectivo fomentar o estudo e o debate científico sobre os ámbitos do emprego, a xestión do talento e os recursos humanos, así como publicar e difundir as experiencias de boas prácticas na xestión do talento e os traballos de novos/as investigadores/as.

Seccións da revista de investigación

A Revista Emprego e Xestión do Talento conta coas seguintes seccións:

  • Artigos
  • Recensións
  • Experiencias
  • Resumo de Teses de Doutoramento
  • Resumo de TFG/TFM

Revista de Investigación CEXTEC

A Revista de Investigación CEXTEC premiará e publicará cada ano as ideas e investigacións universitarias máis innovadoras –Traballos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Máster (TFM)–, que potencien o valor do talento na xeración de máis e mellor emprego. Serán proxectos que deberán ter un claro enfoque empresarial. Poden ser desenvoltos mediante a creación dunha spin-off ou a integración nunha nova empresa xa existente.

This post is also available in: Spanish English