Que é CEXTEC?

O Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela (CEXTEC) aspira a converterse nunha gran rede integrada por institucións públicas e privadas, coa finalidade de desenvolver proxectos ligados ao talento e o emprego na cidade e a súa área de influencia. O mellor xeito de garantir un futuro para Santiago de Compostela é apostar polo talento.

  • Talento e empregabilidade
  • Coñecemento e investigación
  • Tecnoloxía e innovación

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (as Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

Por que é preciso?

A creación do CEXTEC reafirma o compromiso do Concello de Santiago co talento. Nunha sociedade tan competitiva como a actual as habilidades e destrezas das persoas e o seu talento son a clave de calquera organización para acadar os seus obxectivos.

Santiago é unha cidade de oportunidades e innovación que procura xerar cada vez máis e mellor emprego. Para iso é preciso atraer, reter e xestionar o talento e involucrar a todas as partes clave nesa perspectiva.

Quen integra a Rede?

A finalidade desta Rede de Excelencia é xerar unha comunidade e poñer en valor as iniciativas públicas e privadas relativas á retención, a xestión e o retorno do talento. Trátase de impulsar iniciativas das entidades e persoas colaboradoras. Ademais, formar parte da rede posibilitará o acceso a xornadas específicas de formación, exposicións, presentación de investigacións e outras moitas actividades específicas. Contamos con vós para facela posible.

Unha gran rede que continua medrando

CEXTEC potencia o desenvolvemento e a investigación de proxectos relacionados co talento e a empregabilidade en Santiago de Compostela

Compostela capital do Talento

O CEXTEC ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento dun mercado local de emprego sustentábel, innovador e inclusivo que facilite o incremento da produtividade e a xeración de emprego. Partindo deste horizonte resulta necesario impulsar actuacións para atraer, recuperar e reter o talento na cidade de Compostela.

A xestión do talento esixe unha visión estratéxica e unha aplicación transversal nas organizacións. Desde esta perspectiva, o CEXTEC pretende contribuír a impulsar o coñecemento e a innovación neste campo, así como facer visible o talento e as boas prácticas na súa xestión, impulsando actuacións que conecten o tecido empresarial, as institucións e as persoas.

Para promover o talento como elemento clave no desenvolvemento do territorio, o CEXTEC procurará:

  • Crear unha rede de colaboración pública e privada que inclúa empresas, institucións e entidades comprometidas coa perspectiva de impulsar Compostela unha como cidade atractiva para o talento.
  • Captar, xerar e difundir coñecemento e propostas innovadoras sobre o emprego e a xestión do talento.
  • Impulsar proxectos que conecten o ámbito da investigación coas necesidades das empresas para favorecer medidas atracción, retención e recuperación do talento.
  • Formar e orientar ás persoas con talento para a mellora das súas competencias, así como o coñecemento e a inserción no mercado laboral.

This post is also available in: Spanish English