O Concello de Santiago de Compostela, a través do departamento de Emprego e o CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza un ciclo de xornadas sobre o emprego, o talento e o desenvolvemento económico, en que axentes do tecido produtivo e da comunidade investigadora de Compostela transmitirán os seus coñecementos e iniciativas na xestión do talento para innovar, mellorar a produtividade e crear emprego de calidade.
Para asistir á xornada é preciso a reserva previa dunha praza gratuíta mediante esta web.
Información sobre o obradoiro “Camiño ao emprego en Gadis”
A xornada terá un formato de relatorio divulgativo atendendo ao público obxectivo, incorporando aquelas dinámicas prácticas que contribúan á aprendizaxe das participantes.
Obxectivo xeral
Explicar as etapas do proceso de incorporación en Gadisa.
Obxectivos específicos do obradoiro
- Definir os perfís demandados en Gadisa
- Coñecer as fontes de recrutamento de candidaturas
- Describir o procedemento de selección
Público destinatario
Persoas interesadas en formar parte de Gadisa.