Observatorio do Talento CEXTEC

O observatorio do CEXTEC ten como finalidade analizar a situación e as tendencias do mercado laboral, atendendo de forma particular aos modos de xestión do talento e dos recursos humanos.

O observatorio do CEXTEC ten como finalidade analizar a situación e as tendencias do mercado laboral, atendendo de forma particular aos modos de xestión do talento e dos recursos humanos. 

Os estudos realizados publicaranse neste espazo web e terán difusión nas redes e publicacións asociadas ao CEXTEC, favorecéndose a súa divulgación en relatorios, xornadas e outros relacionados co emprego.

Ademais dos estudos elaborados desde a propia coordinación do CEXTEC, publicaranse aqueles estudos aportados polas entidades socias da rede CEXTEC, así como outros traballos de interese realizados por diversas entidades e observatorios.

Áreas de estudo

As áreas temáticas ás que atende preferentemente o observatorio son as seguintes:

  • Mercado de traballo
  • Políticas de emprego
  • Formación e orientación profesional
  • Responsabilidade Social Empresarial
  • Xestión do talento: atracción, retorno, e retención do talento
  • Universidade e mercado de traballo
  • Novas tecnoloxías e emprego
  • Integración laboral e traballo decente
  • Igualdade de oportunidades

Panel de xestión e atracción de talento en Santiago de Compostela

Constituir un observatorio para a elaboración dun panel de empresas para investigación sobre o mercado do talento en Santiago de Compostela. Baixo a realidade de que, o que non se mide non se pode mellorar, este observatorio –conformado por unha mostra amplamente representativa das principais empresas e organizacións da cidade–, ten como obxectivo obter unha diagnose do estado actual do mercado da xestión do talento, pero tamén recoller información sobre as percepcións, as preocupacións, actitudes, opinións, demandas ou propostas dos principais responsables da contratación en Santiago.

Destacar que non se trata dunha foto fixa, senón que ese panel de xestión e atracción de talento realizará unha serie de enquisas de carácter anual establecendo unha análise continua ao longo do tempo que permitirá motorizar a evolución ao longo dos anos a través dunha serie de indicadores referidos á xestión práctica do talento.

This post is also available in: Spanish English