O Concello de Santiago de Compostela, a través do departamento de Emprego e o CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza un ciclo de xornadas sobre o emprego, o talento e o desenvolvemento económico, en que axentes do tecido produtivo e da comunidade investigadora de Compostela transmitirán os seus coñecementos e iniciativas na xestión do talento para innovar, mellorar a produtividade e crear emprego de calidade.

Para asistir á xornada é preciso a reserva previa dunha praza gratuíta mediante esta web.

Información sobre o obradoiro 
de empregabilidade con FINSA

A xornada terá un formato de relatorio divulgativo atendendo ao público obxectivo, incorporando aquelas dinámicas prácticas que contribúan á aprendizaxe das participantes.

Obxectivo xeral

Dar a coñecer os perfís profesionais e as competencias para o emprego que máis se valoran na empresa.

Obxectivos específicos do obradoiro

  • Achegar a realidade da empresa ás persoas.
  • Coñecer as perspectivas de emprego e os perfís requiridos pola empresa.
  • Reflexionar sobre as competencias necesarias para a mellora da empregabilidade.
  • Axudar a desenvolverse con éxito nos procesos de selección.

Público destinatario

A xornada diríxese a persoas desempregadas con estudos de bacharelato, ciclos de formación profesional (ou equivalentes), ou ben con experiencia no ámbito industrial.

Relatoras

Gisela Mato

Gisela Mato

Persoal de Recursos Humanos de FINSA
Patricia Martínez

Patricia Martínez

Persoal de Recursos Humanos de FINSA

Data e hora do obradoiro

Martes 29 de xuño de 2021, de 11.00 a 13.00 h.

Salón de actos do edificio administrativo Cersia

Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n

Santiago de Compostela

Link a Google Maps

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020