O Concello de Santiago de Compostela, a través do departamento de Emprego e o CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza un ciclo de xornadas sobre o emprego, o talento e o desenvolvemento económico, en que axentes do tecido produtivo e da comunidade investigadora de Compostela transmitirán os seus coñecementos e iniciativas na xestión do talento para innovar, mellorar a produtividade e crear emprego de calidade.
Para asistir á xornada é preciso a reserva previa dunha praza gratuíta mediante esta web.
Información sobre o obradoiro”Bricomart, únete ao equipo Laranxa”
A xornada terá o formato de relatorio, cunha parte final aberta ás preguntas e dúbidas das persoas asistentes.
Obxectivo xeral
Dar a coñecer as características da empresa, os seus perfís profesionais e as competencias para o emprego que máis se valoran.
Obxectivos específicos do obradoiro
- Achegar a realidade da empresa ás persoas
- Coñecer as perspectivas de emprego e os perfís habitualmente requiridos pola empresa
- Reflexionar sobre as competencias necesarias para a mellora da empregabilidade
- Difundir as súas fontes de recrutamento de candidaturas
- Informar sobre as características dos seus procesos de selección
Público destinatario
Persoas interesadas en formar parte de Bricomart.