O Concello de Santiago de Compostela, a través do departamento de Emprego e o CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza estas xornadas adicadas á reflexión para a planificación das cidades, en que se resaltan os bosques urbanos como os elementos vertebradores e de saúde da infraestrutura verde urbana e periurbana.
55% da poboación mundial vive en cidades e prevese que esta proporción siga aumentando nos próximos anos. Ante o crecemento urbano continuo e a presión ambiental, polo cambio climático e a contaminación, a cidade necesita solucións sustentables, intelixentes e ecolóxicas que melloren a saúde da cidadanía e a eficacia ambiental e enerxética. Os bosques urbanos xogan un importante papel na mitigación dalgúns destes impactos, é por iso que se deben ter moi en conta na planificación das nosas cidades.
Coa recente aprobación da Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e a posta a disposición dos Fondos Next Generation para o seu emprego polos estados membros, existe unha grande oportunidade no sector ambiental urbano que debe ser aproveitada.
Interveñen

Susana Domínguez

Pedro Calaza Martínez

Nuria Preciado

Rafael Rivera

José Antonio Corraliza Rodríguez

Irene Zúñiga

Antonio Rigueiro Rodríguez

Enrique Fandiño
