CEXTEC
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

Santiago de Compostela acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos

11/05/2022/in Novas e actualidade CEXTEC

As primeiras Xornadas sobre a Innovación en Bosques Urbanos terán lugar en Santiago de Compostela. Continuando a senda marcada polo Carballo do Bosque do Banquete de Conxo, nomeado Árbore do Ano en España 2022, ubicado dentro dun magnífico bosque urbano dentro da cidade.

Celebraranse os días xoves 19 e venres 20 de maio de 2022, no salón de actos da Facultade Medicina da USC. Reserva de prazas dispoñible.

A nosa cidade está vangarda no deseño das cidades e dos bosques urbanos do futuro, e con ese propósito o Concello de Santiago de Compostela, a través do CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza estas xornadas sobre a INNOVACIÓN EN BOSQUES URBANOS, adicadas á reflexión para a planificación das cidades, en que se resaltan os bosques urbanos como os elementos vertebradores e de saúde da infraestrutura verde urbana e periurbana.

Contará con conferenciantes de gran prestixio no eido ambiental, pertencentes a organizacións tan relevantes como Bosques sen Fronteiras, a Fundación Biodiversidade, a Universidade Autónoma de Madrid ou a propia Universidade de Santiago de Compostela. E tamén do ámbito empresarial como URBASER, QUANTICAE, HIFAS FORESTA ou ATALAYA TERRITORIO.

Santiago conta cunha superficie de espazos verdes que supera amplamente os estándares marcados pola OMS. Reivindicar e manter o noso patrimonio natural é un obxectivo que mellorará a vida da nosa cidadanía, potenciará o atractivo turístico da cidade e favorecerá o crecemento dunha nova xeración en harmonía cos valores ambientais.

As xornadas celebraranse no Salón de Actos da Facultade Medicina da USC durante os días xoves 19 e venres 20 de maio. A asistencia é gratuíta, simplemente é preciso reservar praza na web das xornadas. Están dirixidas principalmente a técnicos/as de medio ambiente, técnicos/as de parques e xardíns, urbanistas, arboristas, arquitectos/as, profesionais relacionados coa Infraestrutura Verde e estudantes do ámbito ambiental e urbanístico.

Esta iniciativa afonda na liña na que se leva traballando dende o Concello de Santiago con múltiples actuacións de calado destinadas á valorización do noso patrimonio natural.

O 55% da poboación mundial vive en cidades e prevese que esta proporción siga aumentando nos próximos anos. Ante o crecemento urbano continuo e a presión ambiental, polo cambio climático e a contaminación, a cidade necesita solucións sustentables, intelixentes e ecolóxicas que melloren a saúde da cidadanía e a eficacia ambiental e enerxética. Os bosques urbanos xogan un importante papel na mitigación dalgúns destes impactos, é por iso que se deben ter moi en conta na planificación das nosas cidades.

Coa recente aprobación da Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e a posta a disposición dos Fondos Next Generation para o seu emprego polos estados membros, existe unha grande oportunidade no sector ambiental urbano que debe ser aproveitada.

 

DATAS

XOVES 19 E VENRES 20 MAIO DE 2022

 

REXISTRO DE ENTRADAS ONLINE

Requírese confirmación previa de asistencia mediante este rexistro online.

A entrada é gratuíta.

Teléfono de contacto para consultas ou asistencia por Whatsapp: 604 001 451

Email de contacto: cextec@santiagodecompostela.gal

 

UBICACIÓN

Salón de Actos da Facultade Medicina – 1ª planta

Facultade de Medicina (USC), na rúa de San Francisco, s/n, 15782, Santiago de Compostela

 

Link para a reserva de prazas:

https://www.cextec.com/xornadas-innovacion-bosques-urbanos/

 

Programa completo das xornadas INNOVACIÓN EN BOSQUES URBANOS

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2022/05/PROGRAMA-XORNADAS-SOBRE-INNOVACION-EN-BOSQUES-URBANOS-_-19-20-MAIO-2022.pdf

Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on X
  • Share on WhatsApp
  • Share on LinkedIn
  • Share by Mail
https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2022/05/er.png 854 1700 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2022-05-11 11:42:442022-05-11 11:43:20Santiago de Compostela acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Link to: Proposta presentada á convocatoria para promover a igualdade de xénero CERV-2022-GE Link to: Proposta presentada á convocatoria para promover a igualdade de xénero CERV-2022-GE Proposta presentada á convocatoria para promover a igualdade de xénero CE... Link to: Expertos ambientais marcaron os próximos desafíos das cidades para combater o cambio climático Link to: Expertos ambientais marcaron os próximos desafíos das cidades para combater o cambio climático Expertos ambientais marcaron os próximos desafíos das cidades para combater...
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego