CEXTEC
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

Expertos ambientais marcaron os próximos desafíos das cidades para combater o cambio climático

21/05/2022/in Novas e actualidade CEXTEC

As primeiras Xornadas de Innovación en Bosques Urbanos, celebradas o 19 e 20 de maio en Santiago, xuntaron a expertos de gran prestixio no eido ambiental e a multitude de profesionais interesados na materia.

As xornadas marcaron os retos das cidades do futuro para o benestar dos seus cidadáns e a sustentabilidade das comunidades que conforman. 

Abordouse a Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e a posta a disposición dos Fondos Next Generation, como unha gran oportunidade para Santiago e a súa zona urbana.

 


Santiago de Compostela acolleu durante os días 19 e 20 de maio as primeiras Xornadas de Innovación en Bosques Urbanos, que contaron coa presenza de multitude de profesionais de referencia neste eido a nivel estatal. As exposicións sobre os próximos retos ambientais das cidades, empregando os bosques urbanos como elemento vertebrador, congregaron a máis dun centenar de persoas no Salón de Actos da Facultade Medicina.

Os bosques urbanos son o ecosistema máis próximo ao ser humano e achegan multitude de beneficios para a saúde das persoas. Teñen unha especial relevancia nas cidades, e máis debido á pandemia da COVID-19 e ao cambio climático no que estamos inmersos. Enfermidades, secas, inundacións, ondas de calor, virus descoñecidos… afloran nestes últimos anos. Nestas xornadas, a través de relatorios de expertos de primeiro nivel, puxéronse de manifesto as vantaxes que presentan os bosques urbanos e formas de mellorar a resiliencia das nosas cidades ante os cambios que se aveciñan.

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Santiago e o CEXTEC, afondou na liña na que se leva traballando dende o Concello con múltiples actuacións de calado destinadas á valorización do patrimonio natural existente en Santiago.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, participaron na apertura institucional das xornadas onde destacaron o compromiso de Santiago de continuar a vangarda dos retos ambientais das cidades.

 

Estes foron algúns dos titulares máis destacados dos conferenciantes que participaron:

“A tecnoloxía non é unha opción, é unha necesidade. Hai pouca tecnoloxía dentro do mundo ambiental.”

Rafael Rivera. Enxeñeiro de Telecomunicacións, Socio de QUANTICAE, S.L. Uso de novas tecnoloxías para a xestión do bosque urbano. SIG, BIG DATA, DNVI, LIDAR, i-Tree.


“O cambio climático é moito máis real e máis grave nas nosas cidades. As árbores e o bosque urbano mitigan os seus efectos de forma determinante.”

Susana Domínguez Lerena. Resiliencia das cidades e adaptación á mudanza climática, Importancia dos Bosques Urbanos.

Enxeñeira Forestal e de Montes. Xerente de SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente, S.L. Presidenta de Bosques Sin Fronteras e Directora do Máster de Ecoloxía Urbana e Infraestrutura Verde da UNIR.


“É necesario deseñar solucións baseadas na natureza (SBN) de forma integral con cimentos non só ecolóxicos, senón tamén socioeconómicos.”

Nuria Preciado. Bióloga. Uso de SBN para conseguir naturalización e resiliencia nas cidades. Fundación Biodiversidad. 


“A planta micorrizada ten que estar presente nos bosques urbanos para mellorar o crecemento e o estado sanitario das árbores.”

Enrique Fandiño. Introdución de especies micorrizadas comestibles para a mellora da biodiversidade e resiliencia do bosque urbano.

Enxeñeiro de Montes e Xerente de HIFAS FORESTA, S.L.


“Xerar barrios multi ecolóxicos é unha solución para acadar cidades sostibles e máis resilientes.”

Antonio Rigueiro Rodríguez. Proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.

Dr. Enxeñeiro de Montes. Catedrático de Botánica. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. Universidade de Santiago de Compostela.


“Precisamos plans de inversións e infraestruturas verdes como o novo modelo de cidade.”

Irene Zúñiga. Plans de Infraestrutura Verde e Bosques Urbanos. 

Dra. Arquitecta Urbanista. Socia de ATALAYA TERRITORIO, S.L.

 


“A natureza nas cidades non é un mero adorno, se non unha necesidade para o ser humano.”

José Antonio Corraliza Rodríguez. Natureza urbana, saúde e benestar humano. Dr. en Psicoloxía. Catedrático da Universidade Autónoma de Madrid. Departamento de Psicoloxía social e metodoloxía.

 


“As árbores singulares son un referente histórico e cultural da nosa cidades e pobos e unha fonte de beneficios ambientais para os cidadáns.”

Gaspar Bernárdez Villegas. Importancia das Árbores e arboredos singulares nos Bosques Urbanos.

Dr. en Investigación Agraria e Forestal pola Universidade de Santiago de Compostela. Viveros Integrales El Ejidillo S.L.



Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on X
  • Share on WhatsApp
  • Share on LinkedIn
  • Share by Mail
https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2022/05/D83A6C83-E5D8-4E51-A61A-69648DD8D216.jpeg 1537 2048 David Pacheco https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png David Pacheco2022-05-21 15:08:362022-05-21 15:08:36Expertos ambientais marcaron os próximos desafíos das cidades para combater o cambio climático

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Link to: Santiago de Compostela acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos Link to: Santiago de Compostela acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos Santiago de Compostela acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos Link to: Santiago acollerá as Xornadas de Interpretación Educativa e Coñecemento da Árbore Link to: Santiago acollerá as Xornadas de Interpretación Educativa e Coñecemento da Árbore Santiago acollerá as Xornadas de Interpretación Educativa e Coñecemento da...
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego