PROXECTO “COÑECER A EMPRESA E VISIBILIZAR O TALENTO FEMININO PARA UN MERCADO LABORAL EN IGUALDADE”

A área de emprego do Concello de Santiago, a través do CEXTEC, vén de presentar unha solicitude á convocatoria de proyectos Juventud 2021-2022. Trátase dunha convocatoria do Instituto de la Juventud (Injuve) e a Federeación Española de Municipios y Provincias (FEMP) que ten por obxecto incentivar actuacións consideradas de interese público e social que promovan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible cuarto, quinto, décimo e décimo terceiro, para as persoas mozas de 16 a 35 anos, no ámbito local.

O proxecto presentado polo Concello de Santiago ten como obxectivo favorecer que as mozas coñezan o mercado laboral, visibilizar referentes femininos no ámbito profesional e promover un acceso igualitario ao emprego. Actualmente desigualdades por razón de xénero seguen condicionando o mercado laboral e supoñen unha barreira ao desenvolvemento vital e profesional das mozas. Para reverter esta situación o proxecto propón desenvolver unha serie de actuacións durante o primeiro semestre de 2022, que inclúen: un sistema de mentorías con referentes profesionais femininos; visitas a centros de traballo; charlas con profesionais; respositorio web de perfís profesionais; e un labor permanente de difusión, sensibilización social e de orientación e intermediación laboral coas participantes. O colectivo destinatario serán es mozas de 16 a 35 anos, residentes en Santiago e a súa área de influencia, con diferentes perfís de cualificación.