O CEXTEC ACOMPAÑA A ENTREGA DE PREMIOS DA IV EDICIÓN DO CONCURSO INNOVATIA 8.3

O Instituto de las Mujeres e a Universidade de Santiago de Compostela, no marco do proxecto Innovatia 8.3, celebran hoxe 11 de outubro o acto de entrega de premios da IV Edición do Concurso nacional “Innovatia 8.3, Premios ás empresas lideradas por mulleres e creadas co apoio das universidades ou OPIs”, no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, abordando temáticas relacionadas co emprendemento universitario desde a óptica da economía feminista, o emprendemento tecnolóxico liderado por mulleres e a aposta das universidades españolas pola igualdade nos procesos de transferencia do coñecemento. Nesta edición presentáronse 33 proxectos empresariais, dos cales 18 son candidatos ao Premio de proxecto empresarial de Base Tecnolóxica e 15 ao Premio de proxecto empresarial Startup.

O persoal técnico do CETEC foi convidado a participar no acto que ademais da presentación dos proxectos e a entrega de premios, inclúe unha serie de relatorios sobre o emprendemento feminino. Entre as diferentes intervencións que se están sucedendo ao longo da mañá, Isabel Jiménez Lucena, vicerreitora da Universidade de Málaga valorizou os principios que se  recollen na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación; a directora do Instituto de las Mujeres, María Antonio Morillas reflexionou sobre como o rol histórico de asunción dos coidados polas mulleres limitou as súas carreiras, polo que resulta fundamental o labor no sistema educativo e transmitir ás nenas os exemplos de mulleres referentes no ámbito profesional, no emprendemento e na investigación.

Esta perspectiva coincide coa liña xeral das iniciativas e proxectos que desenvolveu o CETEC desde a súa posta en marcha, buscando favorecer un mercado laboral inclusivo, para o cal é necesario proporcionar modelos que promovan e reforcen as vocacións científicas

O CEXTEC presenta un novo estudo “A xestión do talento na empresa de Santiago de Compostela e área de influencia 2021”

Consulta o estudo premendo no seguinte enlace:

A xestión do talento na empresa de Santiago de Compostela e área de influencia
Observatorio do Talento CEXTEC, 2021

 


Nunha sociedade tan competitiva como a actual as habilidades e destrezas do capital humano marcan a diferenza entre as empresas, pois as persoas e o seu talento son a clave de calquera organización para acadar os seus obxectivos.

Se Compostela quere ser unha cidade de oportunidades e innovación que xere cada vez máis e mellor emprego debe ser quen de atraer e xestionar o mellor capital humano, para o que resulta fundamental que as empresas e demais organizacións presentes no territorio estean enfocadas cara a xestión do talento.

O Concello de Santiago de Compostela realizou unha aposta firme polo talento na empresa ao poñer en marcha o Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento (CEXTEC), un organismo que pretende ser unha gran rede integrada por institucións públicas e privadas, coa finalidade de desenvolver proxectos ligados ao talento e o emprego na cidade. Está financiado por Santiago EDUSI (Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa, e conta co apoio directo da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago acollerá as Xornadas de Interpretación Educativa e Coñecemento da Árbore

Con motivo da elección do Carballo do Bosque do Banquete de Conxo como  Árbore do ano 2022 en España, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico organiza en Santiago de Compostela unhas xornadas sobre “Interpretación Educativa e Coñecemento da Árbore”. Estas xornadas, de inscrición gratuíta, desenvolveranse do 20 ao 23 de xuño de 2022 no edificio Cersia do Concello de Santiago de Compostela.

 

ORGANIZA: MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO (MITECO)
Fecha: 20-23 JUNIO DE 2022
Lugar de Celebración: Edificio CERSIA-Ayuntamiento de Santiago de Compostela.

Coordinadores: Gregorio Chamorro García Subdirección General de Política Forestal y L. D. Dirección General
de Biodiversidad, Bosques y Desertificación. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
(MITECO) y Susana Dominguez Lerena. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente, S.L
DIRIGIDO: licenciados, técnicos, ingenieros, monitores de aire libre enfocados a labores educativas.

 

DESCARGAR PROGRAMA COMPLETO DO CURSO

DESCARGAR FICHA DE SOLICITUDE DE PRAZA NO CURSO

 


Lunes 20 de junio
  • 9:00 – 9:30 Apertura y presentación del curso.
    Elsa Enríquez Alcalde. Subdirectora General de Política Forestal y L. D. Dirección General de
    Biodiversidad, Bosques y Desertificación. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
    (MITECO) y representantes del Ayuntamiento de Santiago de Compostela y de la Xunta de Galicia.
  • 9:30 – 11:00 h. Importancia del patrimonio arbóreo. Árboles y arboledas singulares conocimiento y acercamiento. Susana Dominguez Lerena. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente
  • 11.00 – 11:30 Pausa café
  • 11:30 – 13:30 h. Conocimiento de la edad de los árboles. Dendrocronología Mar Génova Fúster. Dendrocronóloga. Profesora titular de botánica de la UPM
  • 13:30 – 15:00 Pausa comida
  • 15:00 – 17:00: Historia, edad, biodiversidad y servicios ecosistémicos de los árboles Susana Dominguez Lerena. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente, S.L
Martes Día 22 de junio
  • 9:00 – 11:00 h. Técnicas y materiales para la comunicación arbórea. Susana Dominguez Lerena. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente
  • 11.00 – 11:30 Pausa café
  • 11:30 – 13:30 h. Bosques terapéuticos. Actividades y experiencias. Susana Dominguez Lerena. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente
  • 13:30 – 15:00 Pausa comida
  • 15:00 – 18:00 h. Visita de campo. Bosque terapéutico del río Conxo. Susana Dominguez Lerena. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente
Miércoles Día 22 de junio
  • 9:00 – 11:00 h. Los árboles singulares como elementos educativos y turísticos. Susana Dominguez Lerena. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente
  • 11.00 – 11:30 Pausa café
  • 11:30 – 13:30 h. Talleres de educación arbórea. Metodología y técnicas. Belinda Palacios Bustelo. Educadora social. SDL, Investigación y Divulgación del Medio Ambiente
  • 13:30 – 15:00 Pausa comida
  • 15:00 – 16:00: Programa ABRAZA TUS ÁRBOLES. Alejandro Manzano Rodríguez. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente, S.L
  • 17:00- 18:00. Taller práctico. Árboles y arboledas. Belinda Palacios Bustelo. Educadora social. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente, S.L
Jueves Día 23 de junio
  • 9:30 – 18:00 h. Visita de campo. Alejandro Manzano Rodríguez y Susana Dominguez. SDL Investigación y Divulgación del Medio Ambiente.
  • 18.30 – Conclusiones, entrega de diplomas y clausura
  • Gregorio Chamorro García. Subdirección General de Política Forestal y L. D. Dirección General de Biodiversidad, Bosques y Desertificación. Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO). Susana Domínguez Lerena. SDL, Investigación y Divulgación del Medio Ambiente, S.L

Santiago de Compostela acolle as xornadas de Innovación en Bosques Urbanos

As primeiras Xornadas sobre a Innovación en Bosques Urbanos terán lugar en Santiago de Compostela. Continuando a senda marcada polo Carballo do Bosque do Banquete de Conxo, nomeado Árbore do Ano en España 2022, ubicado dentro dun magnífico bosque urbano dentro da cidade.

Celebraranse os días xoves 19 e venres 20 de maio de 2022, no salón de actos da Facultade Medicina da USC. Reserva de prazas dispoñible.

A nosa cidade está vangarda no deseño das cidades e dos bosques urbanos do futuro, e con ese propósito o Concello de Santiago de Compostela, a través do CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza estas xornadas sobre a INNOVACIÓN EN BOSQUES URBANOS, adicadas á reflexión para a planificación das cidades, en que se resaltan os bosques urbanos como os elementos vertebradores e de saúde da infraestrutura verde urbana e periurbana.

Contará con conferenciantes de gran prestixio no eido ambiental, pertencentes a organizacións tan relevantes como Bosques sen Fronteiras, a Fundación Biodiversidade, a Universidade Autónoma de Madrid ou a propia Universidade de Santiago de Compostela. E tamén do ámbito empresarial como URBASER, QUANTICAE, HIFAS FORESTA ou ATALAYA TERRITORIO.

Santiago conta cunha superficie de espazos verdes que supera amplamente os estándares marcados pola OMS. Reivindicar e manter o noso patrimonio natural é un obxectivo que mellorará a vida da nosa cidadanía, potenciará o atractivo turístico da cidade e favorecerá o crecemento dunha nova xeración en harmonía cos valores ambientais.

As xornadas celebraranse no Salón de Actos da Facultade Medicina da USC durante os días xoves 19 e venres 20 de maio. A asistencia é gratuíta, simplemente é preciso reservar praza na web das xornadas. Están dirixidas principalmente a técnicos/as de medio ambiente, técnicos/as de parques e xardíns, urbanistas, arboristas, arquitectos/as, profesionais relacionados coa Infraestrutura Verde e estudantes do ámbito ambiental e urbanístico.

Esta iniciativa afonda na liña na que se leva traballando dende o Concello de Santiago con múltiples actuacións de calado destinadas á valorización do noso patrimonio natural.

O 55% da poboación mundial vive en cidades e prevese que esta proporción siga aumentando nos próximos anos. Ante o crecemento urbano continuo e a presión ambiental, polo cambio climático e a contaminación, a cidade necesita solucións sustentables, intelixentes e ecolóxicas que melloren a saúde da cidadanía e a eficacia ambiental e enerxética. Os bosques urbanos xogan un importante papel na mitigación dalgúns destes impactos, é por iso que se deben ter moi en conta na planificación das nosas cidades.

Coa recente aprobación da Estratexia Nacional de Infraestrutura Verde e a posta a disposición dos Fondos Next Generation para o seu emprego polos estados membros, existe unha grande oportunidade no sector ambiental urbano que debe ser aproveitada.

 

DATAS

XOVES 19 E VENRES 20 MAIO DE 2022

 

REXISTRO DE ENTRADAS ONLINE

Requírese confirmación previa de asistencia mediante este rexistro online.

A entrada é gratuíta.

Teléfono de contacto para consultas ou asistencia por Whatsapp: 604 001 451

Email de contacto: cextec@santiagodecompostela.gal

 

UBICACIÓN

Salón de Actos da Facultade Medicina – 1ª planta

Facultade de Medicina (USC), na rúa de San Francisco, s/n, 15782, Santiago de Compostela

 

Link para a reserva de prazas:

https://www.cextec.com/xornadas-innovacion-bosques-urbanos/

 

Programa completo das xornadas INNOVACIÓN EN BOSQUES URBANOS

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2022/05/PROGRAMA-XORNADAS-SOBRE-INNOVACION-EN-BOSQUES-URBANOS-_-19-20-MAIO-2022.pdf

Proposta presentada á convocatoria para promover a igualdade de xénero CERV-2022-GE

O CEXTEC redactou e presentou esta semana unha proposta á convocatoria da Comisión Europea CERV-2022-GE. O obxectivo xeral do proxecto, en que participa como socia Woman Emprende – Universidade de Santiago, é promover as vocacións científicas nas mozas e reforzar a aquelas que sigan itinerarios académicos do ámbito STEM, derrubando prexuízos e estereotipos de xénero, para contribuír a unha participación igualitaria das mulleres, a nivel académico e profesional, en sectores e profesións relacionadas coas disciplinas STEM.

 

PROXECTO “GIRA MUJERES” DE COCA-COLA

O pasado 25 de xaneiro o CEXTEC acompañou a presentación do Informe GEM Galicia 2020-2021 No acto, desenvolvido no Auditorio Centro Obra Social Abanca de Santiago de Compostela, interviñeron Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, María Sande, xefa de comunicación da Área Noroeste de Coca-Cola Europacific Partners Iberia, e Isabel Neira, profesora titular do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago de Compostela.

A xornada, que serviu de presentación dos principais datos sobre o emprendemento feminino en Galicia, enmárcase na posta en marcha dunha nova edición do proxecto “Gira Mujeres” de Coca-Cola. Trátase da sexta edición dun programa de capacitación e formación para o emprendemento dirixido a mulleres de entre 18 e 60 anos que estean interesadas en emprender en sectores como o da alimentación e as bebidas ou o do ocio e o turismo. Amplía información sobre o proxecto aquí: Folleto 2022 Gira Mujeres_FM

                         

PROXECTO “COÑECER A EMPRESA E VISIBILIZAR O TALENTO FEMININO PARA UN MERCADO LABORAL EN IGUALDADE”

A área de emprego do Concello de Santiago, a través do CEXTEC, vén de presentar unha solicitude á convocatoria de proyectos Juventud 2021-2022. Trátase dunha convocatoria do Instituto de la Juventud (Injuve) e a Federeación Española de Municipios y Provincias (FEMP) que ten por obxecto incentivar actuacións consideradas de interese público e social que promovan os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible cuarto, quinto, décimo e décimo terceiro, para as persoas mozas de 16 a 35 anos, no ámbito local.

O proxecto presentado polo Concello de Santiago ten como obxectivo favorecer que as mozas coñezan o mercado laboral, visibilizar referentes femininos no ámbito profesional e promover un acceso igualitario ao emprego. Actualmente desigualdades por razón de xénero seguen condicionando o mercado laboral e supoñen unha barreira ao desenvolvemento vital e profesional das mozas. Para reverter esta situación o proxecto propón desenvolver unha serie de actuacións durante o primeiro semestre de 2022, que inclúen: un sistema de mentorías con referentes profesionais femininos; visitas a centros de traballo; charlas con profesionais; respositorio web de perfís profesionais; e un labor permanente de difusión, sensibilización social e de orientación e intermediación laboral coas participantes. O colectivo destinatario serán es mozas de 16 a 35 anos, residentes en Santiago e a súa área de influencia, con diferentes perfís de cualificación.

 

REMATA TALENTIA SUMMIT ‘21 CON RÉCORD DE 50.000 PARTICIPANTES NA MAIOR FEIRA DO TALENTO

Máis de 50.000 participantes en Talentia Summit ‘21 superando as importantes cifras da edición do pasado ano, cando o formato mudouse a virtual por mor da pandemia.

A volta á presencialidade do Foro Talentia, novas empresas cun alcance internacional, seguimento de usuarios a nivel estatal e as video conferencias para conectar empresas e candidatos, os grandes fitos desta nova edición.

Talentia Summit ´21 rexistrou un aumento no volume de participantes activos con respecto á pasada edición pese a que o listón estivese xa alto. Tras prolongar a súa duración ata as dúas semanas de actividade, e agregar moitas novidades á Feira virtual do talento, foron máis de 50.000 usuarios os que participaron activamente nesta edición.

Talentia Summit ‘21 en cifras

  • 50.454 usuarios activos na Feira Virtual Talentia.
  • 2.790 usuarios en cursos de formación e certificacións oficiais.
  • 2.648 currículos intermediados para as 320 ofertas de emprego con 868 vacantes.
  • 2.123 videoconferencias nas entrevistas virtuais con empresas.
  • Máis de 700 entradas reservadas no Foro Talentia.
  • Máis de 4.500 páxinas vistas no seguemento vía streaming do Foro Talentia Summit.
  • Máis de 300.000 contas alcanzadas en todas as redes sociais nas interaccións de @TalentiaSummit

O Foro Talentia volveu contar con público no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu o pasado xoves 18 de novembro o Foro Talentia Summit 2021. A afluencia do público foi máis que considerable na volta á presencialidade: máis de 750 entradas reservadas e moitas visvisualizacións da páxina do streaming do Foro. O Foro contou coa presenza das autoridades institucionais: o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

O panel de ponentes ofreceu unha serie de 8 conferencias maxistrais que deixou unha serie de citas para a lembranza:

O maior desafío que temos as empresas para levar a cabo esa transformación digital pasa polas persoas. Se en algo non podemos fallar é no talento” indicaba Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data. Deseguido, Pau García Milá, Emprendedor de éxito, destacaba que: “Na vida hai que saber xestionar a incertidume. E hai que aprender do pasado”. Posteriormente, Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand tratou a relación entre marcas, traballadores e usuarios sinalando que: “As marcas ofrecen orgullo de pertenza. Adáptanse ao noso comportamento”. Tamén sobre as marcas destacou Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca: “As marcas xa non son das empresas, se non das persoas”. E con respecto ás organizacións, Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead afirmou o seguinte: “Como ocorre cos animais, moitas organizacións ainda van a 4 patas porque non queren servirse da intelixencia colectiva e evolucionar”.

Continuou o Foro coa participación do 28 veces campión do mundo, David Meca: “Os tiburóns máis perigosos non están no mar, están nas nosas mentes”. Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia, pola súa parte, compartiu a súa particular fórmula sobre o potencial: “Talento + vontade + acción = potencial. O potencial son todas as posibilidades que te brinda o talento se o traballas”. Finalmente, reafirmando que nunca é tarde para innovar e emprender, a sentencia de Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning foi máis que aclaratoria: “Son Carlos Ezquerro e teño 55 años. Por que digo isto? Porque parece que ninguén pode ser innovador a partir de certa idade”.

Empresas de ámbito internacional e seguimento nacional de Talentia Summit con usuarios participantes de todo o Estado.

Colle destacar nesta nova edición, o aumento de participación de empresas de diferentes orixes. Empresas compostelás participantes en anteriores edicións continuaron confiando en Talentia Summit como escaparate para captar talento, así como grandes multinacionais a nivel internacional e empresas procedentes doutros países que buscan recrutar talento en España. A feira continúa consolidándose como o maior encontro do talento e o emprego a nivel estatal. Unha boa mostra delo é que a cidade dende a cal se conecta o maior volume de usuarios é Madrid, seguida das cidades galegas Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Destaca tamén a cidade condal, Barcelona no quinto posto seguida das cidades de Lugo e Narón. Finalmente, as empresas destacan a comodidade do proceso de citas virtuais, empregando a videoconferencia para conectar e coñecer aos candidatos que se postulan ás ofertas de emprego activas.

Impulsando o talento e conectando ás empresas e traballadores por videoconferencias en directo

Unha das novidades, as videochamadas para conectar empresas con potenciais traballadores. Deste xeito, a través de videconferencia, os candidatos podían postularse a un posto de traballo dende calquer lugar e sentindo a proximidade dos técnicos de recursos humanos responsables do stand virtual de Talentia. Son preto de 900 vacantes que buscaban ser cubertas e sen dúbida, as empresas indican que a Feira Talentia facilítalles este proceso de selección que lles está aportando perfís profesionais moi interesantes.

Por todo isto, Talentia Summit ´21 busca seguir medrando tanto en oferta formativa como de emprego para a vindeira edición e cumprir co coa sua misión: potenciar e desenvolver o talento.

OS DATOS DO TALENTIA APÓS A PRIMEIRA SEMANA

Talentia Summit ´21 chega ao seu ecuador con éxito de participación: máis de 37.000 usuarios activos na feira virtual, que continuará aberta ata o vindeiro venres 26 de novembro. Entrevistas con empresas, ofertas de emprego, cursos de formación en directo, webinars e a unidade de desenvolvemento profesional a un golpe de clic para reservar praza de balde.

Tras cinco días de actividade frenética tanto na contorna virtual coa Feira do talento, como durante a xornada deste xoves 18 no Foro, Talentia Summit ´21 presenta os seguintes datos de participación:

– 37.854 usuarios activos na Feira Virtual Talentia.
– 2.150 usuarios en cursos de formación e certificacións oficiais.
– 1.812 currículums intermediados para as 320 ofertas de emprego, con 868 vacantes para 85 empresas participantes.
– 1.399 vídeochamadas nas citas virtuais con empresas.
– Máis de 750 entradas reservadas no Foro Talentia.
– Máis de 2.500 páxinas vista no seguimento vía streaming do evento.

Seguimento estatal do Talentia Summit 
A feira continúa consolidándose como o maior encontro do talento e o emprego a nivel estatal. Unha boa mostra delo é que a cidade dende a cal se conecta o maior volume de usuarios é Madrid, seguida das cidades galegas Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Destaca tamén Barcelona no quinto posto seguida das cidades de Lugo e Narón. Finalmente, as empresas salientan a comodidade do proceso de citas virtuais, empregando a videoconferencia para conectar e coñecer os candidatos que se postulan ás ofertas de emprego activas.

Unha segunda semana chea de actividade na web de Talentia Summit ´21
Esta segunda semana continúan as entrevistas de traballo para as diferentes ofertas de emprego activas con centos de sesións dispoñibles para realizar videochamadas e establecer contacto directo cos responsables de captación de talento e recursos humanos das empresas. Tamén se estrearán novos webinars, seminarios virtuais impartidos por representantes das empresas que amosarán información relevante sobre a súa actividade e a situación do sector, todo elo cun achegamento formativo e didáctico.

Foro Talentia Summit
Á Feira sumouse o Foro Talentia Summit 2021, que se celebrou o pasado xoves 18 no edificio Fontán da Cidade da Cultura e que foi inaugurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Nesta edición de Talentia Summit combínanse os formatos presencial, para o Foro, e online, para a Feira, que se desenvolve paralelamente do 15 ao 26 de novembro.