CEXTEC
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

REMATA TALENTIA SUMMIT ‘21 CON RÉCORD DE 50.000 PARTICIPANTES NA MAIOR FEIRA DO TALENTO

29/11/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

Máis de 50.000 participantes en Talentia Summit ‘21 superando as importantes cifras da edición do pasado ano, cando o formato mudouse a virtual por mor da pandemia.

A volta á presencialidade do Foro Talentia, novas empresas cun alcance internacional, seguimento de usuarios a nivel estatal e as video conferencias para conectar empresas e candidatos, os grandes fitos desta nova edición.

Talentia Summit ´21 rexistrou un aumento no volume de participantes activos con respecto á pasada edición pese a que o listón estivese xa alto. Tras prolongar a súa duración ata as dúas semanas de actividade, e agregar moitas novidades á Feira virtual do talento, foron máis de 50.000 usuarios os que participaron activamente nesta edición.

Talentia Summit ‘21 en cifras

  • 50.454 usuarios activos na Feira Virtual Talentia.
  • 2.790 usuarios en cursos de formación e certificacións oficiais.
  • 2.648 currículos intermediados para as 320 ofertas de emprego con 868 vacantes.
  • 2.123 videoconferencias nas entrevistas virtuais con empresas.
  • Máis de 700 entradas reservadas no Foro Talentia.
  • Máis de 4.500 páxinas vistas no seguemento vía streaming do Foro Talentia Summit.
  • Máis de 300.000 contas alcanzadas en todas as redes sociais nas interaccións de @TalentiaSummit

O Foro Talentia volveu contar con público no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu o pasado xoves 18 de novembro o Foro Talentia Summit 2021. A afluencia do público foi máis que considerable na volta á presencialidade: máis de 750 entradas reservadas e moitas visvisualizacións da páxina do streaming do Foro. O Foro contou coa presenza das autoridades institucionais: o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

O panel de ponentes ofreceu unha serie de 8 conferencias maxistrais que deixou unha serie de citas para a lembranza:

“O maior desafío que temos as empresas para levar a cabo esa transformación digital pasa polas persoas. Se en algo non podemos fallar é no talento” indicaba Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data. Deseguido, Pau García Milá, Emprendedor de éxito, destacaba que: “Na vida hai que saber xestionar a incertidume. E hai que aprender do pasado”. Posteriormente, Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand tratou a relación entre marcas, traballadores e usuarios sinalando que: “As marcas ofrecen orgullo de pertenza. Adáptanse ao noso comportamento”. Tamén sobre as marcas destacou Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca: “As marcas xa non son das empresas, se non das persoas”. E con respecto ás organizacións, Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead afirmou o seguinte: “Como ocorre cos animais, moitas organizacións ainda van a 4 patas porque non queren servirse da intelixencia colectiva e evolucionar”.

Continuou o Foro coa participación do 28 veces campión do mundo, David Meca: “Os tiburóns máis perigosos non están no mar, están nas nosas mentes”. Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia, pola súa parte, compartiu a súa particular fórmula sobre o potencial: “Talento + vontade + acción = potencial. O potencial son todas as posibilidades que te brinda o talento se o traballas”. Finalmente, reafirmando que nunca é tarde para innovar e emprender, a sentencia de Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning foi máis que aclaratoria: “Son Carlos Ezquerro e teño 55 años. Por que digo isto? Porque parece que ninguén pode ser innovador a partir de certa idade”.

Empresas de ámbito internacional e seguimento nacional de Talentia Summit con usuarios participantes de todo o Estado.

Colle destacar nesta nova edición, o aumento de participación de empresas de diferentes orixes. Empresas compostelás participantes en anteriores edicións continuaron confiando en Talentia Summit como escaparate para captar talento, así como grandes multinacionais a nivel internacional e empresas procedentes doutros países que buscan recrutar talento en España. A feira continúa consolidándose como o maior encontro do talento e o emprego a nivel estatal. Unha boa mostra delo é que a cidade dende a cal se conecta o maior volume de usuarios é Madrid, seguida das cidades galegas Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Destaca tamén a cidade condal, Barcelona no quinto posto seguida das cidades de Lugo e Narón. Finalmente, as empresas destacan a comodidade do proceso de citas virtuais, empregando a videoconferencia para conectar e coñecer aos candidatos que se postulan ás ofertas de emprego activas.

Impulsando o talento e conectando ás empresas e traballadores por videoconferencias en directo

Unha das novidades, as videochamadas para conectar empresas con potenciais traballadores. Deste xeito, a través de videconferencia, os candidatos podían postularse a un posto de traballo dende calquer lugar e sentindo a proximidade dos técnicos de recursos humanos responsables do stand virtual de Talentia. Son preto de 900 vacantes que buscaban ser cubertas e sen dúbida, as empresas indican que a Feira Talentia facilítalles este proceso de selección que lles está aportando perfís profesionais moi interesantes.

Por todo isto, Talentia Summit ´21 busca seguir medrando tanto en oferta formativa como de emprego para a vindeira edición e cumprir co coa sua misión: potenciar e desenvolver o talento.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/11/Clara-Accenture-Talentia-Summit.jpg 533 800 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-11-29 08:25:292021-11-29 08:26:20REMATA TALENTIA SUMMIT ‘21 CON RÉCORD DE 50.000 PARTICIPANTES NA MAIOR FEIRA DO TALENTO

OS DATOS DO TALENTIA APÓS A PRIMEIRA SEMANA

22/11/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

Talentia Summit ´21 chega ao seu ecuador con éxito de participación: máis de 37.000 usuarios activos na feira virtual, que continuará aberta ata o vindeiro venres 26 de novembro. Entrevistas con empresas, ofertas de emprego, cursos de formación en directo, webinars e a unidade de desenvolvemento profesional a un golpe de clic para reservar praza de balde.

Tras cinco días de actividade frenética tanto na contorna virtual coa Feira do talento, como durante a xornada deste xoves 18 no Foro, Talentia Summit ´21 presenta os seguintes datos de participación:

– 37.854 usuarios activos na Feira Virtual Talentia.
– 2.150 usuarios en cursos de formación e certificacións oficiais.
– 1.812 currículums intermediados para as 320 ofertas de emprego, con 868 vacantes para 85 empresas participantes.
– 1.399 vídeochamadas nas citas virtuais con empresas.
– Máis de 750 entradas reservadas no Foro Talentia.
– Máis de 2.500 páxinas vista no seguimento vía streaming do evento.

Seguimento estatal do Talentia Summit 
A feira continúa consolidándose como o maior encontro do talento e o emprego a nivel estatal. Unha boa mostra delo é que a cidade dende a cal se conecta o maior volume de usuarios é Madrid, seguida das cidades galegas Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Destaca tamén Barcelona no quinto posto seguida das cidades de Lugo e Narón. Finalmente, as empresas salientan a comodidade do proceso de citas virtuais, empregando a videoconferencia para conectar e coñecer os candidatos que se postulan ás ofertas de emprego activas.

Unha segunda semana chea de actividade na web de Talentia Summit ´21
Esta segunda semana continúan as entrevistas de traballo para as diferentes ofertas de emprego activas con centos de sesións dispoñibles para realizar videochamadas e establecer contacto directo cos responsables de captación de talento e recursos humanos das empresas. Tamén se estrearán novos webinars, seminarios virtuais impartidos por representantes das empresas que amosarán información relevante sobre a súa actividade e a situación do sector, todo elo cun achegamento formativo e didáctico.

Foro Talentia Summit
Á Feira sumouse o Foro Talentia Summit 2021, que se celebrou o pasado xoves 18 no edificio Fontán da Cidade da Cultura e que foi inaugurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Nesta edición de Talentia Summit combínanse os formatos presencial, para o Foro, e online, para a Feira, que se desenvolve paralelamente do 15 ao 26 de novembro.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/11/1637360205forotalentia.jpg 666 1000 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-11-22 08:31:082021-11-22 08:31:08OS DATOS DO TALENTIA APÓS A PRIMEIRA SEMANA

O FORO TALENTIA SUMMIT REIVINDICA O VALOR DO TALENTO

19/11/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu onte o Foro Talentia Summit 2021. Asistiron unhas 300 persoas ao evento, que foi inaugurado co intervencións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, da ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, e do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Tras os discursos institucionais o acto continuou cos relatorios de profesionais de diversos ámbitos que reivindicaron o valor do talento coas súas reflexións. Así interviñeron:

– Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data
– David Meca, 28 veces campeón do mundo de natación
– Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand
– Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning
– Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead
– Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia
– Pau Gacía Milá, Emprendedor de éxito – Innovator of the Year by MIT’s TR-35
– Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca

Parte dos profesionais que interviñeron no Foro

O talento artístico tivo tamén a súa representación neste encontro a través da música do pianista Javier López Jorge acompañado de María Victoria Jericó como vocalista e Millán Abeledo Malheiro ao violonchelo.

Co Foro finalizado, o Talentia Summit continúa no formato feira até o 26 de novembro con cursos, exames de certificación, encontros con empresas e profesionais… con diversas actividades para as que aínda quedan prazas dispoñíbeis na web https://www.talentiasummit.com/

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/11/1637242227taltentiaescenario.jpg 777 1280 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-11-19 10:16:172021-11-19 10:16:17O FORO TALENTIA SUMMIT REIVINDICA O VALOR DO TALENTO

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego