AS BOAS PRÁCTICAS EMPRESARIAIS NA XESTIÓN DO TALENTO TERÁN O RECOÑECEMENTO DO CONCELLO DE SANTIAGO
Ademais de promocionar a produción académica relacionada co talento, o CEXTEC porá en valor as boas prácticas empresariais na xestión do talento mediante unha distinción pública do Concello de Santiago.
No 2020 realizarase a primeira convocatoria deste premio, que terá concorrencia competetitiva, dirixida a empresas con domicilio fiscal e social ou un centro de traballo situado no Concello de Santiago de Compostela.
Trátase de recoñecer iniciativas relacionadas coa retención e a captación do talento, comprendendo actividades, programas ou modos de xestión das persoas, que aporten valor, contribúan a un desenvolvemento saudábel da organización, á xeración dun emprego de calidade e ao incremento da produtividade.