CEXTEC
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

VEGALSA EROSKI ADHÍRESE Á REDE DE EXCELENCIA DO CEXTEC

23/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O pasado 20 de xullo VEGALSA EROSKI adheriuse formalmente á Rede de Excelencia no Emprego do CEXTEC, amosando dispoñibilidade para colaborar naquelas iniciativas relacionadas coa retención, capatación e retorno do talento.

O Concello de Santiago de Compostela puxo en marcha no 2020 o Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento (CEXTEC) coa finalidade de favorecer a atracción e a retención do talento na nosa cidade.

O CEXTEC impulsou unha Rede de Excelencia, da que xa fan parte a Universidade de Santiago de Compostela e máis de 40 empresas, que ten como obxectivo desenvolver proxectos e actividades conxuntas, así como valorizar todas aquelas iniciativas públicas e privadas ligadas ao talento e ao emprego. Neste 2021 temos como obxectivo ampliar e reforzar a colaboración coas empresas e axentes económicos e sociais comprometidos co emprego e a xestión do talento.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/07/logo1-1.png 200 200 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-23 09:03:522021-07-23 09:05:50VEGALSA EROSKI ADHÍRESE Á REDE DE EXCELENCIA DO CEXTEC

VÍDEO DO OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE CON FINSA (29/06/2021) – CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

22/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/07/IMG_20210629_111938-scaled.jpg 1922 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-22 10:54:112021-07-22 11:48:34VÍDEO DO OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE CON FINSA (29/06/2021) – CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

GADIS PROTAGONIZOU A SEGUNDA XORNADA DO CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

22/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O pasado 15 de xullo desenvolveuse a segunda xornada do ciclo, promovido polo Cextec, “O talento como motor de crecemento”. Nesta ocasión contamos coa presenza da técnica de recursos humanos de Gadis Patricia Guitián, que expuxo as claves principais do proceso de incorporación á empresa co relatorio “Camiño ao emprego en Gadis”. Concretamente tratáronse aspectos organizativos da empresa, identificáronse os perfís máis demandados e as competencias máis valorados, aclaráronse cales son as fontes de recrutamento e explicáronse as características dos seus procesos de selección.

       

A xornada desenvolveuse no salón de actos do edificio municipal Cersia, que contou coa presenza de máis de 80 asistentes. Despois do relatorio houbo unha ampla participación do público na quenda de preguntas.

O persoal técnico do Cextec segue acordando a colaboración de máis empresas para as novas xornadas do ciclo, que se irán anunciando nas próximas semanas.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/07/IMG_20210715_110346-scaled.jpg 1922 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-22 10:46:042021-07-22 10:46:04GADIS PROTAGONIZOU A SEGUNDA XORNADA DO CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

NOVOS ENCONTROS CO PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE VARIAS EMPRESAS

22/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O persoal técnico do Cextec continuou no mes de xullo establecendo contactos con diversas empresas, que se concretaron en varios encontros con persoal responsable de recursos humanos. Os días 5 e o 6 realizáronse reunións con Cortizo e con Feiraco respectivamente, o 13 con Everis e o 14 con Bricomart. Estas reunións realizáronse por vídeo-conferencia, coa excepción da de Bricomart, que se realizou nas instalacións da empresa en Santiago.

Estes encontros serviron para o coñecemento dos persoal técnico de ambas entidades, así como para expoñer as perspectivas e iniciativas relacionadas coa xestión do talento e o emprego en que están envolvidas as partes. Tratáronse as posibilidades de colaboración da empresa tanto nas iniciativas do CEXTEC como en xeral da área de emprego do Concello de Santiago, que se irán concretando nas próximas semanas.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/01/pattern-cextec-3.jpg 1080 1920 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-22 10:14:062021-07-22 10:14:06NOVOS ENCONTROS CO PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE VARIAS EMPRESAS

GRAN PARTICIPACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE CON FINSA

08/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O pasado 29 de xuño desenvolvouse o Obradoiro de empregabilidade con Finsa, no que era a primeira xornada do ciclo promovido polo CEXTEC “O talento como motor de crecemento”. Este ciclo de xornadas ten como obxectivo achegar a realidade empresarial ás persoas desempregadas, dar a coñecer as perspectivas de emprego e os perfís máis demandados polas empresas, transmitir cales son as competencias que máis se teñen en conta para as novas incorporacións, divulgar as fontes de recrutamento que usan e explicar como son os seus procesos selectivos.

       

Nesta primeira xornada completouse a capacidade prevista de 100 persoas no salón de actos do edificio municipal Cersia. Contamos coa presenza de dúas técnicas do equipo de recursos humanos de Finsa, Gisela Mato e Patricia Martínez, quen realizaron unha exposición didáctica e divulgativa para favorecer a aprendizaxe das persoas asistentes; o carácter práctico do acto completouse cunha entrevista simulada cunha persoa voluntaria, que permitiu exemplificar cales son as preguntas máis habituais e que cousas se valoran das respostas. Ao éxito de asistencia engadiuse unha elevada participación do público asistente nunha extensa quenda de preguntas.

Esta xornada foi gravada e proximamente difundarase nas nosa web e redes sociais.

 

 

 

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/07/IMG_20210629_110430-1-scaled.jpg 1922 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-08 12:37:142021-07-08 12:37:14GRAN PARTICIPACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE CON FINSA

FINSA ADHÍRESE Á REDE DE EXCELENCIA NO EMPREGO QUE PROMOVE O CEXTEC

08/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O pasado 30 de xuño FINSA adheriuse formalmente á Rede de Excelencia no Emprego do CEXTEC, amosando dispoñibilidade para colaborar naquelas iniciativas relacionadas coa retención, capatación e retorno do talento.

O Concello de Santiago de Compostela puxo en marcha no 2020 o Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento (CEXTEC) coa finalidade de favorecer a atracción e a retención do talento na nosa cidade.

O CEXTEC impulsou unha Rede de Excelencia, da que xa fan parte a Universidade de Santiago de Compostela e máis de 40 empresas, que ten como obxectivo desenvolver proxectos e actividades conxuntas, así como valorizar todas aquelas iniciativas públicas e privadas ligadas ao talento e ao emprego. Neste 2021 temos como obxectivo ampliar e reforzar a colaboración coas empresas e axentes económicos e sociais comprometidos co emprego e a xestión do talento.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/07/2_image.png 600 800 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-08 11:16:472021-07-08 11:16:47FINSA ADHÍRESE Á REDE DE EXCELENCIA NO EMPREGO QUE PROMOVE O CEXTEC

SEMANA DE ENCONTROS CO PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE VEGALSA E DE GADISA

01/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O persoal técnico do CEXTEC segue mantendo unha axenda de contactos con empresas de diversos sectores para reforzar e/ou ampliar a rede de excelencia no emprego a través da colaboración público-privada. Esta semana foi a quenda de dúas das principais empresas de distribución alimentaria, Vegalsa-Eroski e Gadisa.

O luns 28 de xuño o persoal técnico do CEXTEC desprazouse á sede central de Vegalsa na Coruña para manter unha reunión con Nuria Bregua, técnica do equipo de RRHH da empresa. No encontro expuxéronse as perspectivas e iniciativas relacionadas coa xestión do talento e o emprego en que están envolvidas as partes e tratáronse as posibilidades de colaboración da empresa tanto nas iniciativas do CEXTEC como en xeral da área de emprego do Concello de Santiago.

O mércores 30 de xuño o persoal técnico do CEXTEC tivo unha reunión por vídeo-conferencia coa técnica de RRHH de Gadisa, Patricia Guitián, con que tamén se abordaron as posibles vías de colaboración en iniciativas para a captación e a retención do talento.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/01/Usuarios-xta.png 1362 2521 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-01 12:51:092021-07-01 12:51:09SEMANA DE ENCONTROS CO PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE VEGALSA E DE GADISA

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego