CEXTEC
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

VISITA E REUNIÓN CON PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE ALCAMPO

25/06/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O 24 de de xuño o persoal técnico do CEXTEC visitou as instalacións de Alcampo, no Centro Comercial Área Central de Santiago e reuniuse con Miguel Iglesias, de RRHH en Santiago. No encontro tamén participou un técnico de RRHH de Alcampo da área de Ferrol. Ademais do intercambio de perspectivas sobre as políticas de xestión do talento, na reunión abordáronse os perfís e as competencias máis valoradas pola empresa, as perspectivas de emprego na empresa e as vías de colaboración a nivel de prácticas non laborais en empresa e outras iniciativas relacionadas co emprego e a retención do talento.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/06/alcampo_img19980t0m0w1424h712.jpg 712 960 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-06-25 13:39:502021-06-25 13:39:50VISITA E REUNIÓN CON PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE ALCAMPO

O EQUIPO DE RRHH DE FINSA IMPARTIRÁ UN OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE NO CICLO DE XORNADAS ORGANIZADO POLO CEXTEC

24/06/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O Concello de Santiago de Compostela, a través do CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza un ciclo de xornadas sobre o emprego, o talento e o desenvolvemento económico, en que axentes do tecido produtivo e da comunidade investigadora de Compostela transmitirán os seus coñecementos e iniciativas na xestión do talento para innovar, mellorar a produtividade e crear emprego de calidade.

O ciclo ten o obxectivo xeral de valorizar o talento como o elemento clave para a innovación e o crecemento económico, no marco dun modelo sustentable que garanta o emprego digno. Pódense sinalar como obxectivos específicos:

  • Apoiar a difusión e a transferencia de coñecementos e boas prácticas na xestión do talento.
  • Favorecer o coñecemento da realidade empresarial para mellorar a empregabilidade.
  • Axudar ao desenvolvemento das competencias para o emprego e ao descubrimento dos talentos.
  • Contribuír ás iniciativas que favorezan a captación e a retención do talento.
  • Contribuír ao desenvolvemento de redes de colaboración entre entidades públicas e privadas para reforzar a innovación e a excelencia no emprego.

A primeira xornada do ciclo contará coa participación de Finsa, a principal empresa de Santiago de Compostela en termos de facturación e número de persoas empregadas. O equipo de RRHH de Finsa impartirá un obradoiro de empregabilidade que busca dar a coñecer cales son os perfís e as competencias máis valoradas na empresa, así como o desenvolvemento dos seus procesos de selección.

Esta xornada diríxese prioritariamente a persoas desempregadas con estudos de bacharelato, ciclos de formación profesional (ou equivalentes), ou ben con experiencia no ámbito industrial.

O obradoiro será presencial, no salón de actos do edificio Cersial, o martes 29 de xuño ás 11.00 h. É imprescindible a inscrición previa na web: https://www.cextec.com/formulario-obradoiro-finsa/

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/06/Horizontal-FINSA-V3-1.jpg 984 1750 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-06-24 09:54:092021-06-24 09:54:09O EQUIPO DE RRHH DE FINSA IMPARTIRÁ UN OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE NO CICLO DE XORNADAS ORGANIZADO POLO CEXTEC

REUNIÓN CO DEPARTAMENTO DE RECURSOS HUMANOS DE LIMPEZAS SALGADO

23/06/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O martes 22 de xuño o persoal técnico do CEXTEC visitou as instalacións de Limpezas Salgado, situadas no Polígono Industrial Novo Milladoiro, reuníndose co persoal de RRHH Rosa Lorenzo e Carlos. O encontro permitiu presentar iniciativas e programas de emprego relacionadas co CEXTEC e co departamento de Emprego do Concello, así como coñecer os perfís e as competencias máis valoradas pola empresa, intercambiar perspectivas sobre a xestión do talento e abrir vías de colaboración en actividades relacionadas con estes ámbitos.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/06/limpezas-salgado-scaled.jpg 2560 2240 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-06-23 13:43:242021-06-23 13:43:24REUNIÓN CO DEPARTAMENTO DE RECURSOS HUMANOS DE LIMPEZAS SALGADO

VISITA A G12 EN SANTIAGO

23/06/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O pasado luns 21 de xuño o persoal técnico do CEXTEC estivo nas instalacións en Santiago de G12 Grupo Empresarial de Servicios. Acompañou a visita Rosa Arias, Responsable do Centro de Formación G12 Santiago,  quen mostrou as aulas e os equipamentos de diversas especialidades homologadas.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/06/zeropoint_logo.png 71 289 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-06-23 13:26:422021-06-23 13:26:42VISITA A G12 EN SANTIAGO

REUNIÓN CON RECURSOS HUMANOS DE DELTACARGO

18/06/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O persoal técnico do CEXTEC tivo onte unha reunión por vídeo-chamada con Ana Suárez, directora de Recursos Humanos de Deltacargo, empresa transitaria referente no sector do transporte internacional. O encontro tivo como obxectivo coñecer as perspectivas de emprego da empresa e os perfís profesionais, así como concretar posibilidades de colaboración co Concello en cuestións relacionadas coa captación e a retención do talento.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/06/foto-web.jpg 535 1583 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-06-18 09:10:512021-06-18 09:10:51REUNIÓN CON RECURSOS HUMANOS DE DELTACARGO

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE FINSA E REUNIÓN CO SEU PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS

11/06/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O persoal técnico do CEXTEC estivo onte nas instalacións de FINSA en Santiago de Compostela cos técnicos de recursos humanos Gisela Mato e Luis Carreira. A visita á planta foi guiada polo propio persoal de recursos humanos de FINSA, que detallou o proceso de produción e os traballos que se desenvolven nos distintos espazos. O encontro tamén permitiu coñecer os perfís e as competencias máis valoradas pola empresa, intercambiar perspectivas sobre a xestión do talento e abrir vías de colaboración para iniciativas relacionadas co emprego.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/06/1.jpg 1650 2197 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-06-11 11:16:232021-06-18 09:01:39VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE FINSA E REUNIÓN CO SEU PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego