CEXTEC
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

CIENTÍFICAS GALEGAS COMPARTIRÁN A SÚA HISTORIA POR STREAMING EN “AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO”

09/02/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

 O xoves 11 de febreiro ás 12.00h terá lugar “As ciencias, as nenas”, o evento online por streaming para colexios e institutos de Galicia para celebrar o Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas. A día de hoxe son case de 4.000 alumnas e alumnos de moitos centros eductativos de Galicia que formalizaron inscrición á xornada de divulgación en liña. A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada polo técnico de Emprego Rubén Anido, presentou o evento en rolda de prensa.

O xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Ese mesmo día, ás 12.00h, terá lugar unha xornada de divulgación destinada aos centros educativos de Galicia que será difundida por streaming para respetar os grupos burbulla. Mercedes Rosón salientou a importancia da iniciativa e a súa transversalidade, xa que se puxo en marcha dende dous departamentos do Concello: Políticas de Igualdade e Emprego.

Esta acción promovida polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, está destinada a alentar as estudantes con información e referentes a seguir no ámbito das ramas científicas ou STEM (sigla en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas). Neste Día Internacional é preciso asumir o compromiso de poñer fin ao desequilibrio de xénero nestas disciplinas.

Trátase dun evento online para todos os centros educativos de Galicia. Será emitido por streaming, o xoves 11 de febreiro ás 12.00 horas e contará coa participación de quince mulleres relevantes nas disciplinas STEM. Á súa vez, dun xeito moi ameno e divertido, as empresas de animación científica e cultural Vermislab e Ciencia Divertida compartirán divertidos experimentos.

Son xa máis de 4.000 alumnas e alumnos de toda Galicia as que confirmaron a súa participación na xornada. Importantes científicas galegas contaranlles as principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica. Esta actividade está orientada ás rapazas galegas de entre 9 e 16 anos que están estudando nos colexios e institutos e comezando a valorar diferentes carreiras profesionais e académicas.

Quince grandes profesionais galegas en diferentes ramas das ciencias
Para compartir a súa experiencia, traxectoria e os motivos que as levaron a formarse académica e profesionalmente nas ciencias, “As ciencias escríbense en feminino” contará coa participación de:

– Mónica Remiseiro González, Product Owner, departamento de TI en FINSA.
– Diana Maroño Mosquera, enxeñeira en Electrónica industrial e automatización na Oficina Técnica Fábrica Santiago en FINSA.
– Lorena Domínguez, enxeñeira de telecomunicación e Project Manager da área de negocio de Hospitality en Televés.
– Montse Ponte, programadora de desenvolvemento web en Dinahosting.
– Andrea Alfonso, analista e especialista en Administración electrónica en Everis.
– Ana Ferrer, responsable de dirección e xestión de proxectos TI en Plexus Tech.
– Diana Peleteiro, enxeñeira química, responsable de potabilización de VIAQUA
– Laura Hospido, economista e Unit Head en Banco de España.
– Lucía Sánchez Pereira, enxeñeira de minas en Seguridade A1
– Bibiana Rodiño, enxeñeira mecánica e CEO de Beta Implants
– Laura Muinelo Romay, responsable da Unidade de Análise de Biopsia Líquida en Oncomet.
– Eva Domínguez, directora financeira de Tecdesoft, enxeñeira de camiños.
– Jessica Sieira Piñeiro, enxeñeira informática en CONNECTIS Iberia.
– Elena Rodríguez, doctora en ciencia enxeñería de materiales, coordinadora da Unidade de Materiais Avanzados en AIMEN.
– Rosa Arias, enxeñeira química, CEO e Fundadora de Science for Change.

Aberta a inscrición para centros educativos
Os centros educativos interesados en participar soamente teñen que cumprimentar un sinxelo formulario de inscrición para formar parte desta xornada única. Esta iniciativa está orientada a rapazas de entre 9 a 16 anos, que estean a cursar 5º e 6º de Primaria, así como os catro cursos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Actualmente, son ao redor de 4.000 alumnas e alumnos inscritos de máis de 45 centros educativos diferentes.

Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on X
  • Share on WhatsApp
  • Share on LinkedIn
  • Share by Mail
https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/02/1612866085DiaNenaCiencia.jpg 702 1280 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-02-09 17:33:572021-02-09 17:33:57CIENTÍFICAS GALEGAS COMPARTIRÁN A SÚA HISTORIA POR STREAMING EN “AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO”

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Link to: MOITOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS ÚNENSE Á XORNADA EN LIÑA “AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO” Link to: MOITOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS ÚNENSE Á XORNADA EN LIÑA “AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO” MOITOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS ÚNENSE Á XORNADA EN LIÑA “AS CIENCIAS... Link to: Convocatorias de propostas e actividades relacionadas para o programa de traballo ERC 2021 no marco de Horizonte Europa, o Programa marco de investigación e innovación (2021-2027) Link to: Convocatorias de propostas e actividades relacionadas para o programa de traballo ERC 2021 no marco de Horizonte Europa, o Programa marco de investigación e innovación (2021-2027) Convocatorias de propostas e actividades relacionadas para o programa de traballo...
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego