NOVOS ENCONTROS CO PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE VARIAS EMPRESAS

O persoal técnico do Cextec continuou no mes de xullo establecendo contactos con diversas empresas, que se concretaron en varios encontros con persoal responsable de recursos humanos. Os días 5 e o 6 realizáronse reunións con Cortizo e con Feiraco respectivamente, o 13 con Everis e o 14 con Bricomart. Estas reunións realizáronse por vídeo-conferencia, coa excepción da de Bricomart, que se realizou nas instalacións da empresa en Santiago.

Estes encontros serviron para o coñecemento dos persoal técnico de ambas entidades, así como para expoñer as perspectivas e iniciativas relacionadas coa xestión do talento e o emprego en que están envolvidas as partes. Tratáronse as posibilidades de colaboración da empresa tanto nas iniciativas do CEXTEC como en xeral da área de emprego do Concello de Santiago, que se irán concretando nas próximas semanas.