VEGALSA EROSKI ADHÍRESE Á REDE DE EXCELENCIA DO CEXTEC

O pasado 20 de xullo VEGALSA EROSKI adheriuse formalmente á Rede de Excelencia no Emprego do CEXTEC, amosando dispoñibilidade para colaborar naquelas iniciativas relacionadas coa retención, capatación e retorno do talento.

O Concello de Santiago de Compostela puxo en marcha no 2020 o Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento (CEXTEC) coa finalidade de favorecer a atracción e a retención do talento na nosa cidade.

O CEXTEC impulsou unha Rede de Excelencia, da que xa fan parte a Universidade de Santiago de Compostela e máis de 40 empresas, que ten como obxectivo desenvolver proxectos e actividades conxuntas, así como valorizar todas aquelas iniciativas públicas e privadas ligadas ao talento e ao emprego. Neste 2021 temos como obxectivo ampliar e reforzar a colaboración coas empresas e axentes económicos e sociais comprometidos co emprego e a xestión do talento.