VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE FINSA E REUNIÓN CO SEU PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS
O persoal técnico do CEXTEC estivo onte nas instalacións de FINSA en Santiago de Compostela cos técnicos de recursos humanos Gisela Mato e Luis Carreira. A visita á planta foi guiada polo propio persoal de recursos humanos de FINSA, que detallou o proceso de produción e os traballos que se desenvolven nos distintos espazos. O encontro tamén permitiu coñecer os perfís e as competencias máis valoradas pola empresa, intercambiar perspectivas sobre a xestión do talento e abrir vías de colaboración para iniciativas relacionadas co emprego.