REUNIÓN CON RECURSOS HUMANOS DE DELTACARGO

O persoal técnico do CEXTEC tivo onte unha reunión por vídeo-chamada con Ana Suárez, directora de Recursos Humanos de Deltacargo, empresa transitaria referente no sector do transporte internacional. O encontro tivo como obxectivo coñecer as perspectivas de emprego da empresa e os perfís profesionais, así como concretar posibilidades de colaboración co Concello en cuestións relacionadas coa captación e a retención do talento.