CEXTEC
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

“AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO”, UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

02/02/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O vindeiro xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas.

Con motivo desta celebración, o CEXTEC organiza un evento por streaming destinado aos centros educativos, cun formato ameno e divertido orientado a alentar ás mulleres novas en STEM, dándolles información e modelos a seguir.

O Concello de Santiago promove esta iniciativa formando parte do movemento global do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia” promovido pola ONU que se realizará o próximo día xoves 11 de febreiro de 2021. Mediante un divertido evento, algunhas das mellores científicas galegas contaranlles as principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica no ámbito de diferentes disciplinas: ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.

O obxectivo principal deste evento é brindar ás estudantes modelos de diferentes opcións de profesións científicas,  e axudalas a ser conscientes do seu gran potencial, a superar os estereotipos e inspiralas.

Así, a ONU destaca que o notable desequilibrio de xénero nos campos de STEM impide que as mentes de homes e mulleres  traballen xuntas para achegar perspectivas diferentes e diversas á innovación necesaria para enfrontar os desafíos actuais da nosa sociedade.

A actividade está orientada ás rapazas galegas de entre 9 e 15 anos que están estudando nos colexios e institutos e comezando a valorar diferentes e diversas carreiras profesionais e académicas.

O evento será emitido en streaming de forma simultánea para todos os centros de ensinanza (colexios e institutos) de toda Galicia que se rexistren en talentiasummit.com

Grandes profesionais da ciencia, presentarán a súa traxectoria, os proxectos que levan a cabo e as vantaxes de forxarse un futuro nas diferentes disciplinas científicas. O evento combinará as conferencias e presentacións das científicas con xogos didácticos e experimentos para ofrecer un contido ameno e divertido.

A inscrición no evento pódese realizar enchendo este formulario https://form.typeform.com/to/HYQDcXyV

Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on X
  • Share on WhatsApp
  • Share on LinkedIn
  • Share by Mail
https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/02/fondo-niña-copy-2.jpg 704 1000 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-02-02 19:34:102021-02-02 19:38:45“AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO”, UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Link to: RESOLTA A PRIMEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS A TRABALLOS ACADÉMICOS SOBRE EMPREGO Link to: RESOLTA A PRIMEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS A TRABALLOS ACADÉMICOS SOBRE EMPREGO RESOLTA A PRIMEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS A TRABALLOS ACADÉMICOS SOBRE EMPRE... Link to: MOITOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS ÚNENSE Á XORNADA EN LIÑA “AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO” Link to: MOITOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS ÚNENSE Á XORNADA EN LIÑA “AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO” MOITOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS ÚNENSE Á XORNADA EN LIÑA “AS CIENCIAS...
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego