BRICOMART PROTAGONIZA A CUARTA XORNADA DO CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

O mércores 15 de setembro celebrouse a que xa é a cuarta xornada do ciclo “O talento como motor de crecemento” organizado polo CEXTEC, nesta ocasión protagonizada pola empresa do polígono da Costa Vella BRICOMART. Tivemos connosco a Xesús Pérez Vilar, xefe de sector e impulsor de talento e contratacións en Bricomart Santiago. Dun xeito dimámico e participativo, ao longo de dúas horas, tratáronse aspectos organizativos da empresa, identificáronse os perfís máis demandados e as competencias máis valoradas, aclaráronse cales son as fontes de recrutamento e explicáronse as características dos seus procesos de selección.

                  

A xornada desenvolveuse no salón de actos do edificio municipal Cersia, que contou coa presenza de máis de 60 asistentes. Despois do relatorio houbo unha ampla participación do público na quenda de preguntas.