Santiago acollerá a próxima semana o 4º congreso internacional de recursos humanos
A APD (Asociación para el Progreso de la Dirección) organiza o 4º congreso internacional de recursos humanos, en Santiago de Compostela, baixo o título “As persoas son o camiño”. Miles de directores/as de RH e CEO de empresas foron convocados para un encontro, que se desenvolverá os días 6 e 7 de outubro, cun completo programa en que se reflexionará sobre todos os desafíos que afectan á área de recursos humanos.
Neste congreso, o Concello de Santiago patrocina unha charla sobre a xestión do talento en que estarán Santiago Rey (CEO de Televés), Patricia de Blas (HR Manager de Beam Suntory), Ramón Torrelledó (Director de Orquesta) e Faustina Martínez (Xefa de Administración de Persoal, Compensación e Beneficios e Servizos Xerais). O acto será moderado polo editor Henrique Alvarellos.
O CEXTEC está enviando invitacións ás entidades e empresas colaboradoras da súa rede para que poidan participar como asistentes sen custe neste evento, xa sexa de xeito presencial ou dixital