O FORO ECONÓMICO DE GALICIA ANALIZA A FUGA DE TALENTO GALEGO
O Foro Económico de Galicia publicou esta semana un informe sobre a fuga de talentos en Galicia en que se destaca a necesidade de que se abra un debate público e se impulsen iniciativas sobre a cuestión. O documento sinala que a ausencia de estatísticas precisas sobre esa mobilidade supón unha dificultade engadida á planificación de medidas para reverter a situación. En calquera caso, as estimacións do informe amosan a importancia dos custes para Galicia desa fuga de talentos e recóllense unha serie de recomendacións para a retención e o retorno do dito talento.