PROXECTO PARA O IMPULSO DO EMPREGO NO RURAL

O CEXTEC vén de elaborar un proxecto para dinamizar o rural de Compostela, que favoreza o desenvolvemento do talento e contribúa á creación de emprego. O dito proxecto, denominado AGROEMTEC, está pendente de presentación á convocatoria do programa EmpregaVerde do Fondo Social Europeo.

 

O proxecto diríxese a mellorar a empregabilidade das persoas, atendendo especialmente a aquelas competencias que faciliten tanto a adaptación ao mercado laboral como o avance cara a unha economía verde. Con esta perspectiva a proposta inclúe cursos de formación, asesoramentos e outras actividades de innovación social.

 

O CEXTEC promove un enfoque holístico, en que estean involucrados todos os axentes socioecnómicos que fan parte da Rede de Excelencia, para impulsar a recuperación do rural a través da innovación e o emprego.