O CONCELLO DE SANTIAGO PRESENTA CANDIDATURA Á INICIATIVA “100 INTELLIGENT CITIES CHALLENGE”

O Concello de Santiago, co respaldo da Rede de Excelencia do CEXTEC, presenta a súa candidatura á iniciativa da Comisión Europea “100 Intelligent Cities Challenge” para desenvolver o Proxecto “SANTIAGO IN”. Este proxecto supón a aposta por unha estratexia de transformación dixital para unha cidade sustentable e intelixente, que xere oportunidades, promova o talento e cree emprego de calidade.

Atendendo á dita estratexia a proposta do Concello de Santiago inclúe catro obxectivos: educación innovadora para mellorar e recapacitar; incentivo de start-ups, pemes e economía social nas áreas de coñecemento cultural, biotecnolóxica e industrial; turismo intelixente e sustentable; mobilidade e transporte intelixentes e ecolóxicos.