TODO A PUNTO PARA UNHA NOVA EDICIÓN DO TALENTIA SUMMIT

O próximo mes teremos unha nova edición do Talentia Summit. Este ano amplíanse os días do evento, que será do luns até o venres 26 de novembro. Ao igual que o ano anterior manterase un formato híbrido, cunha feira virtual e cun foro presencial o día 18 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Toda a información, e o propio evento virtual, estará progresivamente dispoñíbel na web https://www.talentiasummit.com/

Xa desde os meses previos o persoal técnico do CEXTEC se envolveu no deseño e planificación desta edición do Talentia. Nos próximos días presentaranse todas as actividades e participantes do evento que, aínda que incorporará novidades, manterá os elementos principais de anteriores edicións: ofertas de emprego; cursos de formación; casetas virtuais de empresas; webinars; certificados oficiais; sesións de mentoría e orientación profesional; relatorios; etc.

O ano pasado o Talentia Summit contou con máis de 45.000 usuarios/as activos, máis de 300.000 páxinas vistas, 80 empresas e entidades participantes, máis de 2200 entrevistas/citas virtuais con empresas, máis de 450 ofertas de emprego xestionadas para máis de 900 postos de traballo, máis de 100 actividades formativas con máis de 1700 persoas inscritas nelas, máis de 340 inscricións para examinarse de 20 certificacións, máis de 400 sesións de orientación laboral e mentoring, e 13 webinars. El CETEC tamén tivo caseta virtual propia e participou no deseño, planificación e execución do evento.