GRAN PARTICIPACIÓN NO OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE CON FINSA
O pasado 29 de xuño desenvolvouse o Obradoiro de empregabilidade con Finsa, no que era a primeira xornada do ciclo promovido polo CEXTEC “O talento como motor de crecemento”. Este ciclo de xornadas ten como obxectivo achegar a realidade empresarial ás persoas desempregadas, dar a coñecer as perspectivas de emprego e os perfís máis demandados polas empresas, transmitir cales son as competencias que máis se teñen en conta para as novas incorporacións, divulgar as fontes de recrutamento que usan e explicar como son os seus procesos selectivos.
Nesta primeira xornada completouse a capacidade prevista de 100 persoas no salón de actos do edificio municipal Cersia. Contamos coa presenza de dúas técnicas do equipo de recursos humanos de Finsa, Gisela Mato e Patricia Martínez, quen realizaron unha exposición didáctica e divulgativa para favorecer a aprendizaxe das persoas asistentes; o carácter práctico do acto completouse cunha entrevista simulada cunha persoa voluntaria, que permitiu exemplificar cales son as preguntas máis habituais e que cousas se valoran das respostas. Ao éxito de asistencia engadiuse unha elevada participación do público asistente nunha extensa quenda de preguntas.
Esta xornada foi gravada e proximamente difundarase nas nosa web e redes sociais.