CEXTEC
  • Galego
    • Español
    • English
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

O CONCELLO DE SANTIAGO PRESENTA CANDIDATURA Á INICIATIVA “100 INTELLIGENT CITIES CHALLENGE”

08/06/2020/in Novas e actualidade CEXTEC

O Concello de Santiago, co respaldo da Rede de Excelencia do CEXTEC, presenta a súa candidatura á iniciativa da Comisión Europea “100 Intelligent Cities Challenge” para desenvolver o Proxecto “SANTIAGO IN”. Este proxecto supón a aposta por unha estratexia de transformación dixital para unha cidade sustentable e intelixente, que xere oportunidades, promova o talento e cree emprego de calidade.

Atendendo á dita estratexia a proposta do Concello de Santiago inclúe catro obxectivos: educación innovadora para mellorar e recapacitar; incentivo de start-ups, pemes e economía social nas áreas de coñecemento cultural, biotecnolóxica e industrial; turismo intelixente e sustentable; mobilidade e transporte intelixentes e ecolóxicos.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/09/artificial-intelligence-3382507__340.jpg 340 510 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2020-06-08 10:05:172020-09-08 10:09:36O CONCELLO DE SANTIAGO PRESENTA CANDIDATURA Á INICIATIVA “100 INTELLIGENT CITIES CHALLENGE”

PROXECTO PARA O IMPULSO DO EMPREGO NO RURAL

28/05/2020/in Novas e actualidade CEXTEC

O CEXTEC vén de elaborar un proxecto para dinamizar o rural de Compostela, que favoreza o desenvolvemento do talento e contribúa á creación de emprego. O dito proxecto, denominado AGROEMTEC, está pendente de presentación á convocatoria do programa EmpregaVerde do Fondo Social Europeo.

 

O proxecto diríxese a mellorar a empregabilidade das persoas, atendendo especialmente a aquelas competencias que faciliten tanto a adaptación ao mercado laboral como o avance cara a unha economía verde. Con esta perspectiva a proposta inclúe cursos de formación, asesoramentos e outras actividades de innovación social.

 

O CEXTEC promove un enfoque holístico, en que estean involucrados todos os axentes socioecnómicos que fan parte da Rede de Excelencia, para impulsar a recuperación do rural a través da innovación e o emprego.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/09/mowing-1532931_1280.jpg 850 1280 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2020-05-28 08:42:182020-09-08 08:43:44PROXECTO PARA O IMPULSO DO EMPREGO NO RURAL

O CEXTEC DESENVOLVE UN PROXECTO PARA FOMENTAR A IGUALDADE DA MULLER NO MERCADO LABORAL

07/04/2020/in Novas e actualidade CEXTEC

O CEXTEC, concretamente o Concello de Santiago xunto coa Vicerreitoría de Igualdade da Universidade Santiago a través do programa Woman Emprende, elaborou un programa que ten como obxectivo principal favorecer a contratación do talento feminino, eliminando calquera nesgo de xénero, consciente ou inconsciente, que exista nos procesos de selección.

O dito proxecto, denomimado Talento en Feminino, vaise presentar nos próximos días á convocatoria REC (Dereitos, Igualdade e Cidadanía) da Comisión Europea. As diversas actividades que se propoñen no proxecto céntranse en dotar ás empresas e aos/ás profesionais de xestión das persoas de coñecementos e ferramentas de innovación tecnolóxica que favorezan a presenza da muller no mercado laboral en condicións de igualdade, coa erradicación dos nesgos e prexuízos existentes nos procesos de selección e no propio ámbito laboral.

Para fortalecer e consolidar no tempo estas actuacións procurarase a coordinación e a implicación de todos os axentes socioeconómicos de Compostela, aproveitando para iso ferramentas do CEXTEC como o Observatorio e a Rede de Excelencia no Emprego.

 

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/09/39f8bbf383376483ef0bf4559c32-1452321-1.jpg 800 1200 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2020-04-07 08:39:012020-09-07 10:07:19O CEXTEC DESENVOLVE UN PROXECTO PARA FOMENTAR A IGUALDADE DA MULLER NO MERCADO LABORAL

O CEXTEC DESENVOLVE UN PROXECTO PARA A IMPLANTACIÓN DA FORMACIÓN DUAL NA UNIVERSIDADE

05/03/2020/in Novas e actualidade CEXTEC

A proposta, impulsada polo Concello de Santiago a través do CEXTEC, ten como obxectivo xeral estudar o impacto potencial da formación dual no ámbito universitario, para unha implantación coherente coas necesidades das titulacións e das empresas relacionadas co sector biotecnolóxico, así como para mellorar a aprendizaxe, fomentar o emprego, a captación/retención do talento e impulsar novos proxectos emprendendores.

O proxecto, denominado Biotech Dual Education, presentarase este ano á convocatoria Erasmus+ de Asociacións estratéxicas no ámbito da educación e a formación. Co impulso do Concello de Santiago como coordinador, en principio serán socios do proxecto a Universidade de Santiago de Compostela, a Câmara de Braga, a Universidade do Minho e o Centro Nacional para a Investigación Científica en Francia.

O desenvolvemento deste proxecto enmárcase nas actividades da Rede de Excelencia no emprego do CEXTEC, da que tamén forma parte a Universidade de Santiago.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/09/nova5.jpg 800 1200 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2020-03-05 11:31:262020-09-04 11:34:12O CEXTEC DESENVOLVE UN PROXECTO PARA A IMPLANTACIÓN DA FORMACIÓN DUAL NA UNIVERSIDADE

AS BOAS PRÁCTICAS EMPRESARIAIS NA XESTIÓN DO TALENTO TERÁN O RECOÑECEMENTO DO CONCELLO DE SANTIAGO

14/01/2020/in Novas e actualidade CEXTEC

Ademais de promocionar a produción académica relacionada co talento, o CEXTEC porá en valor as boas prácticas empresariais na xestión do talento mediante unha distinción pública do Concello de Santiago.

No 2020 realizarase a primeira convocatoria deste premio, que terá concorrencia competetitiva, dirixida a empresas con domicilio fiscal e social ou un centro de traballo situado no Concello de Santiago de Compostela.

Trátase de recoñecer iniciativas relacionadas coa retención e a captación do talento, comprendendo actividades, programas ou modos de xestión das persoas, que aporten valor, contribúan a un desenvolvemento saudábel da organización, á xeración dun emprego de calidade e ao incremento da produtividade.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/09/1599031985pazo_raxoi.jpg 960 1280 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2020-01-14 09:38:462020-09-04 09:45:37AS BOAS PRÁCTICAS EMPRESARIAIS NA XESTIÓN DO TALENTO TERÁN O RECOÑECEMENTO DO CONCELLO DE SANTIAGO

O CEXTEC PREMIARÁ TRABALLOS ACADÉMICOS RELACIONADOS CO EMPREGO E A XESTIÓN DO TALENTO

08/01/2020/in Novas e actualidade CEXTEC

O CEXTEC ten como un dos seus obxectivos máis relevantes incentivar a realización de estudos académicos relacionados co emprego, a xeración de emprego e a xestión do talento, así como favorecer a difusión do coñecemento xerado e, en definitiva, apoiar o desenvolvemento produtivo local, a creación de emprego e un modelo de xestión do talento que estimule a súa atracción e retención.

Por estes motivos no 2020 convocaranse os primeiros premios CEXTEC a traballos académicos sobre emprego e xestión do talento, que incluirán diversas categorías: Traballos Fin de Grao (TFG); Traballos Fin de Mestrado (TFM); Teses de Doutoramento; e Traballos de Investigación. Os traballos académicos deberán ter sido presentados e defendidos na Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 2018/19 ou 2019/2020, ou tratarse de traballos inéditos elaborados por persoal docente e investigador vinculado a grupos de investigación desta universidade. En todos os casos estableceranse procedementos de concorrencia competitiva para o reparto dun total de 20.000 € en premios.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/09/nova3-scaled.jpg 1709 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2020-01-08 08:57:442020-09-04 09:00:12O CEXTEC PREMIARÁ TRABALLOS ACADÉMICOS RELACIONADOS CO EMPREGO E A XESTIÓN DO TALENTO

O CEXTEC IMPULSA O ESTUDO DA XESTIÓN DO TALENTO EN COMPOSTELA

27/12/2019/in Novas e actualidade CEXTEC

O CEXTEC ten como obxectivo promover o talento, e as boas prácticas na súa xestión, para favorecer o desenvolvemento dun mercado local sustentable, innovador e inclusivo. Como punto de partida para impulsar propostas e actividades resulta necesario coñecer o estado da cuestión na comarca de Compostela, polo que desde o CEXTEC se iniciou un estudo diagnóstico sobre a xestión do talento.

Este estudo de investigación céntrase nos datos e nas perspectivas das empresas de Santiago e a súa área de influencia sobre a cuestión do talento, atendendo a diversos aspectos: recrutamento e selección do talento; retención do talento; “employer branding”; conciliación da vida persoal e laboral; formación continua; desenvolvemento da carreira profesional; clima laboral; cuestións xerais e autovaloración na xestión do talento.

Para a realización deste estudo contactarase con perto de 500 empresas da comarca de Compostela, coa perspectiva de conformar un panel de empresas que permita realizar estudos anuais sobre a materia e comprobar así a evolución na xestión do talento. Estas investigacións sobre o mercado laboral serán as que de xeito principal dean contido ao Observatorio do CEXTEC e estarán a disposición das empresas e da cidadanía en xeral na nosa web.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/09/estudo-talento-scaled.jpg 1708 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2019-12-27 10:16:272020-09-03 10:21:01O CEXTEC IMPULSA O ESTUDO DA XESTIÓN DO TALENTO EN COMPOSTELA

COMEZA A POSTA EN MARCHA DA REDE DE EXCELENCIA NO EMPREGO QUE PROMOVE O CEXTEC

23/12/2019/in Novas e actualidade CEXTEC

Para favorecer a innovación e a creación dun emprego de calidade o CEXTEC ten como un dos seus eixos fundamentais a creación dunha rede público-privada que implique aos diversos axentes económicos e sociais.

Esta rede busca promover iniciativas colaborativas e a transferencia de coñecementos para o desenvolvemento de proxectos que axuden á retención e á captación do talento. Por este motivo o abano de posibilidades da rede resulta moi amplo, tanto a nivel temático (formación, proxectos, investigación aplicada, etc., sempre en relación co emprego, a innovación e a xestión do talento), como en canto ás fórmulas e os graos de participación de cada empresa ou entidade.

Neste mes de decembro iniciáronse as actuacións de difusión da rede mediante contactos por correo electrónico e teléfono con entidades e empresas significativas da comarca de Compostela. Tamén é posíbel que a organización interesada se dea de alta na rede a través da propia web do CEXTEC, enchendo este formulario https://www.cextec.com/formulario-rede-de-excelencia/

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/09/foto-nova-1-scaled.jpg 1275 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2019-12-23 12:03:192020-09-03 10:22:07COMEZA A POSTA EN MARCHA DA REDE DE EXCELENCIA NO EMPREGO QUE PROMOVE O CEXTEC
Page 5 of 512345

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego
  • Español
  • English