CEXTEC
  • Galego
    • Español
    • English
  • Inicio
  • Novas
  • Ciclo de xornadas
    • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
    • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
    • Camiño ao emprego en Gadis
    • Obradoiro con Finsa
  • Rede de Excelencia
  • Observatorio
  • Revista
  • Premios
  • Rexístrate
  • Click to open the search input field Click to open the search input field Search
  • Menu Menu

O FORO TALENTIA SUMMIT REIVINDICA O VALOR DO TALENTO

19/11/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O edificio Fontán da Cidade da Cultura acolleu onte o Foro Talentia Summit 2021. Asistiron unhas 300 persoas ao evento, que foi inaugurado co intervencións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, da ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, e do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Tras os discursos institucionais o acto continuou cos relatorios de profesionais de diversos ámbitos que reivindicaron o valor do talento coas súas reflexións. Así interviñeron:

– Elena Gil, Global Director of Product and Business Operations – Telefónica IoT & Big Data
– David Meca, 28 veces campeón do mundo de natación
– Nancy Villanueva, CEO Iberia & Middle East de Interbrand
– Carlos Ezquerro, CEO de Netex Learning
– Clara Jiménez Piñar, Directora de Innovación Accenture, Spain Innovation Lead
– Irantzu Díaz, Market Manager de IKEA en Galicia
– Pau Gacía Milá, Emprendedor de éxito – Innovator of the Year by MIT’s TR-35
– Emilio Froján, CEO & Co-founder de Velca

Parte dos profesionais que interviñeron no Foro

O talento artístico tivo tamén a súa representación neste encontro a través da música do pianista Javier López Jorge acompañado de María Victoria Jericó como vocalista e Millán Abeledo Malheiro ao violonchelo.

Co Foro finalizado, o Talentia Summit continúa no formato feira até o 26 de novembro con cursos, exames de certificación, encontros con empresas e profesionais… con diversas actividades para as que aínda quedan prazas dispoñíbeis na web https://www.talentiasummit.com/

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/11/1637242227taltentiaescenario.jpg 777 1280 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-11-19 10:16:172021-11-19 10:16:17O FORO TALENTIA SUMMIT REIVINDICA O VALOR DO TALENTO

III FEIRA DE EMPRENDEDORAS DE COMPOSTELA 2021

27/10/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

Esta semana estase desenvolvendo a terceira edición da Feira de Emprendedoras de Compostela que organiza Woman Emprende. Trátase dun encontro entre antigas estudantes da USC que fan parte do tecido empresarial feminino e as actuais estudantes que contemplan o emprendemento como unha opción laboral. O evento ten tanto unha feira expositiva coma unhas xornadas formativas  con relaltorios e mesas redondas.

O venres 29 o CEXTEC participará nunha mesa redonda sobre orientación e empregabilidade, en que estarán tamén técnicos/as da USC, do Concello de Santiago e da empresa Galchimia, facendo parte así do programa do evento.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/10/3_feira_de_emprendedoras.jpg 600 1600 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-10-27 11:15:412021-10-27 11:15:41III FEIRA DE EMPRENDEDORAS DE COMPOSTELA 2021

TODO A PUNTO PARA UNHA NOVA EDICIÓN DO TALENTIA SUMMIT

22/10/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O próximo mes teremos unha nova edición do Talentia Summit. Este ano amplíanse os días do evento, que será do luns até o venres 26 de novembro. Ao igual que o ano anterior manterase un formato híbrido, cunha feira virtual e cun foro presencial o día 18 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura. Toda a información, e o propio evento virtual, estará progresivamente dispoñíbel na web https://www.talentiasummit.com/

Xa desde os meses previos o persoal técnico do CEXTEC se envolveu no deseño e planificación desta edición do Talentia. Nos próximos días presentaranse todas as actividades e participantes do evento que, aínda que incorporará novidades, manterá os elementos principais de anteriores edicións: ofertas de emprego; cursos de formación; casetas virtuais de empresas; webinars; certificados oficiais; sesións de mentoría e orientación profesional; relatorios; etc.

O ano pasado o Talentia Summit contou con máis de 45.000 usuarios/as activos, máis de 300.000 páxinas vistas, 80 empresas e entidades participantes, máis de 2200 entrevistas/citas virtuais con empresas, máis de 450 ofertas de emprego xestionadas para máis de 900 postos de traballo, máis de 100 actividades formativas con máis de 1700 persoas inscritas nelas, máis de 340 inscricións para examinarse de 20 certificacións, máis de 400 sesións de orientación laboral e mentoring, e 13 webinars. El CETEC tamén tivo caseta virtual propia e participou no deseño, planificación e execución do evento.

 

 

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/10/2560X1440_YOUTUBE-1030x579-1.jpg 579 1030 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-10-22 09:40:422021-10-22 12:41:21TODO A PUNTO PARA UNHA NOVA EDICIÓN DO TALENTIA SUMMIT

Santiago acollerá a próxima semana o 4º congreso internacional de recursos humanos

30/09/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

A APD (Asociación para el Progreso de la Dirección) organiza o 4º congreso internacional de recursos humanos, en Santiago de Compostela, baixo o título “As persoas son o camiño”.  Miles de directores/as de RH e CEO de empresas foron convocados para un encontro, que se desenvolverá os días 6 e 7 de outubro, cun completo programa en que se reflexionará sobre todos os desafíos que afectan á área de recursos humanos.

Neste congreso, o Concello de Santiago patrocina unha charla sobre a xestión do talento en que estarán Santiago Rey (CEO de Televés), Patricia de Blas (HR Manager de Beam Suntory), Ramón Torrelledó (Director de Orquesta) e Faustina Martínez (Xefa de Administración de Persoal, Compensación e Beneficios e Servizos Xerais). O acto será moderado polo editor Henrique Alvarellos.

O CEXTEC está enviando invitacións ás entidades e empresas colaboradoras da súa rede para que poidan participar como asistentes sen custe neste evento, xa sexa de xeito presencial ou dixital

 

 

 

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/09/FAg87ymXsAMOBo5-scaled.jpg 1683 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-09-30 13:32:582021-09-30 13:39:49Santiago acollerá a próxima semana o 4º congreso internacional de recursos humanos

BRICOMART PROTAGONIZA A CUARTA XORNADA DO CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

21/09/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O mércores 15 de setembro celebrouse a que xa é a cuarta xornada do ciclo “O talento como motor de crecemento” organizado polo CEXTEC, nesta ocasión protagonizada pola empresa do polígono da Costa Vella BRICOMART. Tivemos connosco a Xesús Pérez Vilar, xefe de sector e impulsor de talento e contratacións en Bricomart Santiago. Dun xeito dimámico e participativo, ao longo de dúas horas, tratáronse aspectos organizativos da empresa, identificáronse os perfís máis demandados e as competencias máis valoradas, aclaráronse cales son as fontes de recrutamento e explicáronse as características dos seus procesos de selección.

                  

A xornada desenvolveuse no salón de actos do edificio municipal Cersia, que contou coa presenza de máis de 60 asistentes. Despois do relatorio houbo unha ampla participación do público na quenda de preguntas.

 

 

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/09/IMG_20210915_120631-scaled.jpg 1922 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-09-21 13:50:452021-09-21 13:51:59BRICOMART PROTAGONIZA A CUARTA XORNADA DO CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

AMPLA PARTICIPACIÓN NA XORNADA “LIDERA O CAMBIO E DESENVÓLVETE EN VEGALSA”

26/08/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

       

Onte celebrouse a terceira xornada do ciclo, promovido polo Cextec, “O talento como motor de crecemento”. Nesta ocasión contamos coa presenza da técnica de recursos humanos de Vegalsa-Eroski Nuria Bregua, quen co relatorio “Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa” informou e orientou ás persoas asistentes sobre a organización e os valores da empresa, os perfís e as competencias que procuran, as fontes de recrutamento e os seus procesos de selección.

A xornada tivo un carácter didáctico e práctico, cunha participación moi alta das 80 persoas asistentes na quenda de preguntas, que puideron formular todas as dúbidas que tiñan sobre o emprego e o acceso ao emprego en Vegalsa-Eroski.

             

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/08/2.jpg 1538 2048 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-08-26 09:59:312021-08-26 10:01:33AMPLA PARTICIPACIÓN NA XORNADA “LIDERA O CAMBIO E DESENVÓLVETE EN VEGALSA”

VEGALSA EROSKI ADHÍRESE Á REDE DE EXCELENCIA DO CEXTEC

23/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O pasado 20 de xullo VEGALSA EROSKI adheriuse formalmente á Rede de Excelencia no Emprego do CEXTEC, amosando dispoñibilidade para colaborar naquelas iniciativas relacionadas coa retención, capatación e retorno do talento.

O Concello de Santiago de Compostela puxo en marcha no 2020 o Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento (CEXTEC) coa finalidade de favorecer a atracción e a retención do talento na nosa cidade.

O CEXTEC impulsou unha Rede de Excelencia, da que xa fan parte a Universidade de Santiago de Compostela e máis de 40 empresas, que ten como obxectivo desenvolver proxectos e actividades conxuntas, así como valorizar todas aquelas iniciativas públicas e privadas ligadas ao talento e ao emprego. Neste 2021 temos como obxectivo ampliar e reforzar a colaboración coas empresas e axentes económicos e sociais comprometidos co emprego e a xestión do talento.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/07/logo1-1.png 200 200 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-23 09:03:522021-07-23 09:05:50VEGALSA EROSKI ADHÍRESE Á REDE DE EXCELENCIA DO CEXTEC

VÍDEO DO OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE CON FINSA (29/06/2021) – CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

22/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/07/IMG_20210629_111938-scaled.jpg 1922 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-22 10:54:112021-07-22 11:48:34VÍDEO DO OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE CON FINSA (29/06/2021) – CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

GADIS PROTAGONIZOU A SEGUNDA XORNADA DO CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

22/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O pasado 15 de xullo desenvolveuse a segunda xornada do ciclo, promovido polo Cextec, “O talento como motor de crecemento”. Nesta ocasión contamos coa presenza da técnica de recursos humanos de Gadis Patricia Guitián, que expuxo as claves principais do proceso de incorporación á empresa co relatorio “Camiño ao emprego en Gadis”. Concretamente tratáronse aspectos organizativos da empresa, identificáronse os perfís máis demandados e as competencias máis valorados, aclaráronse cales son as fontes de recrutamento e explicáronse as características dos seus procesos de selección.

       

A xornada desenvolveuse no salón de actos do edificio municipal Cersia, que contou coa presenza de máis de 80 asistentes. Despois do relatorio houbo unha ampla participación do público na quenda de preguntas.

O persoal técnico do Cextec segue acordando a colaboración de máis empresas para as novas xornadas do ciclo, que se irán anunciando nas próximas semanas.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2021/07/IMG_20210715_110346-scaled.jpg 1922 2560 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-22 10:46:042021-07-22 10:46:04GADIS PROTAGONIZOU A SEGUNDA XORNADA DO CICLO “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”

NOVOS ENCONTROS CO PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE VARIAS EMPRESAS

22/07/2021/in Novas e actualidade CEXTEC

O persoal técnico do Cextec continuou no mes de xullo establecendo contactos con diversas empresas, que se concretaron en varios encontros con persoal responsable de recursos humanos. Os días 5 e o 6 realizáronse reunións con Cortizo e con Feiraco respectivamente, o 13 con Everis e o 14 con Bricomart. Estas reunións realizáronse por vídeo-conferencia, coa excepción da de Bricomart, que se realizou nas instalacións da empresa en Santiago.

Estes encontros serviron para o coñecemento dos persoal técnico de ambas entidades, así como para expoñer as perspectivas e iniciativas relacionadas coa xestión do talento e o emprego en que están envolvidas as partes. Tratáronse as posibilidades de colaboración da empresa tanto nas iniciativas do CEXTEC como en xeral da área de emprego do Concello de Santiago, que se irán concretando nas próximas semanas.

https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2020/01/pattern-cextec-3.jpg 1080 1920 Rubén Anido https://www.cextec.com/wp-content/uploads/2019/12/CEXTEC-HEADER-Enfold-300x138.png Rubén Anido2021-07-22 10:14:062021-07-22 10:14:06NOVOS ENCONTROS CO PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE VARIAS EMPRESAS
Page 2 of 512345

Pages

  • Bricomart, únete ao equipo Laranxa
  • Camiño ao emprego en Gadis
  • Ciclo de xornadas: “O TALENTO COMO MOTOR DE CRECEMENTO”
  • Formulario Bricomart
  • Formulario GADIS
  • Formulario Obradoiro 1 – FINSA
  • Formulario Rede de Excelencia
  • Formulario VEGALSA
  • Inicio – Compostela capital do talento
  • Lidera o cambio e desenvólvete en Vegalsa
  • Novas
  • Obradoiro con Finsa
  • Observatorio do Talento
  • Política de Privacidade de cextec.com
  • Premios CEXTEC
  • Programa de retorno e retención de Talento
  • Rede de Excelencia CEXTEC
  • Revista de Investigación CEXTEC
  • Xornadas Innovación en Bosques Urbanos

Categories

  • Novas e actualidade CEXTEC

Archive

  • Outubro 2022
  • Xuño 2022
  • Maio 2022
  • Marzo 2022
  • Febreiro 2022
  • Decembro 2021
  • Novembro 2021
  • Outubro 2021
  • Setembro 2021
  • Agosto 2021
  • Xullo 2021
  • Xuño 2021
  • Marzo 2021
  • Febreiro 2021
  • Xaneiro 2021
  • Decembro 2020
  • Novembro 2020
  • Outubro 2020
  • Xuño 2020
  • Maio 2020
  • Abril 2020
  • Marzo 2020
  • Xaneiro 2020
  • Decembro 2019

CEXTEC

Edificio Administrativo CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, Santiago de Compostela
Tlf. – 981543060
Fax – 981542407
cextec@santiagodecompostela.gal

CEXTEC está financiado por Santiago EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado) “Revive Santiago” e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) – Unha maneira de facer Europa.

alt text
© Copyright - CEXTEC Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela 2019 - 2020
  • Link to X
  • Link to Facebook
  • Link to Youtube
  • Link to LinkedIn
Scroll to top Scroll to top Scroll to top
Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecer os nosos servizos e recoller información estatística. Se continúas navegando, aceptas a instalación e o uso. Máis información. Aceptar
Politica de privacidade e cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR
  • Galego
  • Español
  • English