Entries by Rubén Anido

VISITA E REUNIÓN CON PERSOAL DE RECURSOS HUMANOS DE ALCAMPO

O 24 de de xuño o persoal técnico do CEXTEC visitou as instalacións de Alcampo, no Centro Comercial Área Central de Santiago e reuniuse con Miguel Iglesias, de RRHH en Santiago. No encontro tamén participou un técnico de RRHH de Alcampo da área de Ferrol. Ademais do intercambio de perspectivas sobre as políticas de xestión […]

O EQUIPO DE RRHH DE FINSA IMPARTIRÁ UN OBRADOIRO DE EMPREGABILIDADE NO CICLO DE XORNADAS ORGANIZADO POLO CEXTEC

O Concello de Santiago de Compostela, a través do CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) organiza un ciclo de xornadas sobre o emprego, o talento e o desenvolvemento económico, en que axentes do tecido produtivo e da comunidade investigadora de Compostela transmitirán os seus coñecementos e iniciativas na xestión […]

REUNIÓN CO DEPARTAMENTO DE RECURSOS HUMANOS DE LIMPEZAS SALGADO

O martes 22 de xuño o persoal técnico do CEXTEC visitou as instalacións de Limpezas Salgado, situadas no Polígono Industrial Novo Milladoiro, reuníndose co persoal de RRHH Rosa Lorenzo e Carlos. O encontro permitiu presentar iniciativas e programas de emprego relacionadas co CEXTEC e co departamento de Emprego do Concello, así como coñecer os perfís […]

VISITA A G12 EN SANTIAGO

O pasado luns 21 de xuño o persoal técnico do CEXTEC estivo nas instalacións en Santiago de G12 Grupo Empresarial de Servicios. Acompañou a visita Rosa Arias, Responsable do Centro de Formación G12 Santiago,  quen mostrou as aulas e os equipamentos de diversas especialidades homologadas.

REUNIÓN CON RECURSOS HUMANOS DE DELTACARGO

O persoal técnico do CEXTEC tivo onte unha reunión por vídeo-chamada con Ana Suárez, directora de Recursos Humanos de Deltacargo, empresa transitaria referente no sector do transporte internacional. O encontro tivo como obxectivo coñecer as perspectivas de emprego da empresa e os perfís profesionais, así como concretar posibilidades de colaboración co Concello en cuestións relacionadas […]

Convocatorias de propostas e actividades relacionadas para o programa de traballo ERC 2021 no marco de Horizonte Europa, o Programa marco de investigación e innovación (2021-2027)

A Comisión adoptou o programa de traballo ERC para 2021 mediante a Decisión C (2021) 930, do 22 de febreiro de 2021. Convídanse propostas para estas convocatorias. O programa de traballo de ERC para 2021, incluídos os prazos e orzamentos correspondentes, pode consultarse no portal sobre financiamento e licitación “Oportunidades de financiamento e licitación“, xunto […]

“AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO”, UNHA XORNADA DIVULGATIVA PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O vindeiro xoves 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, data promovida polas Nacións Unidas. Con motivo desta celebración, o CEXTEC organiza un evento por streaming destinado aos centros educativos, cun formato ameno e divertido orientado a alentar ás mulleres novas en STEM, dándolles información e modelos a […]