Entries by Rubén Anido

RESOLTA A PRIMEIRA EDICIÓN DOS PREMIOS A TRABALLOS ACADÉMICOS SOBRE EMPREGO

Esta mañá reuniuse o xurado dos premios do emprego, presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Estes premios, organizados polo Concello de Santiago, teñen como obxectivo incentivar a realización de estudos académicos relacionados coa xeración de emprego e a xestión do talento. En total, premiáronse 6 traballos. Os premios recoñecen os traballos realizados en […]

O FORO ECONÓMICO DE GALICIA ANALIZA A FUGA DE TALENTO GALEGO

O Foro Económico de Galicia publicou esta semana un informe sobre a fuga de talentos en Galicia en que se destaca a necesidade de que se abra un debate público e se impulsen iniciativas sobre a cuestión. O documento sinala que a ausencia de estatísticas precisas sobre esa mobilidade supón unha dificultade engadida á planificación de […]

A PARTICIPACIÓN DO CEXTEC NO TALENTIA SUMMIT 2020

A pasada semana, do 23 ao 27 de novembro, o CEXTEC participou na última edición do Talentita Summit. Nesta ocasión o evento, organizado pola área de emprego do Concello de Santiago, tivo un carácter 100% virtual a través da web https://www.talentiasummit.com en todas as súas actividades de Feira: stands virtuais de empresas e entidades; cursos […]

O CEXTEC PUBLICA O ESTUDO “A XESTIÓN DO TALENTO NA EMPRESA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E ÁREA DE INFLUENCIA”

O Observatorio do CEXTEC vén de elaborar e publicar o informe “A xestión do talento na empresa de Santiago de Compostela e área de influencia”. Este estudo realizouse partindo de entrevistas desenvolvidas entre decembro de 2019 e febreiro de 2020, polo que tamén vai servir de base comparativa sobre o impacto da COVID19 na xestión […]

O CEXTEC COLABORA CO PACTO POLAS CAPACIDADES QUE PROMOVE A COMISIÓN EUROPEA

O Concello de Santiago de Compostela a través do CEXTEC (Centro de Excelencia Tecnolóxica, Emprego e Coñecemento de Santiago de Compostela) está a colaborar coa Comisión Europea na difusión do Pacto polas Capacidades coa perspectiva de intensificar as liñas de cooperación nesa e nas restantes iniciativas da Axenda de Capacidades Europea. O Pacto polas Capacidades é a […]

O CONCELLO DE SANTIAGO PRESENTA CANDIDATURA Á INICIATIVA “100 INTELLIGENT CITIES CHALLENGE”

O Concello de Santiago, co respaldo da Rede de Excelencia do CEXTEC, presenta a súa candidatura á iniciativa da Comisión Europea “100 Intelligent Cities Challenge” para desenvolver o Proxecto “SANTIAGO IN”. Este proxecto supón a aposta por unha estratexia de transformación dixital para unha cidade sustentable e intelixente, que xere oportunidades, promova o talento e […]

PROXECTO PARA O IMPULSO DO EMPREGO NO RURAL

O CEXTEC vén de elaborar un proxecto para dinamizar o rural de Compostela, que favoreza o desenvolvemento do talento e contribúa á creación de emprego. O dito proxecto, denominado AGROEMTEC, está pendente de presentación á convocatoria do programa EmpregaVerde do Fondo Social Europeo.   O proxecto diríxese a mellorar a empregabilidade das persoas, atendendo especialmente […]

O CEXTEC DESENVOLVE UN PROXECTO PARA FOMENTAR A IGUALDADE DA MULLER NO MERCADO LABORAL

O CEXTEC, concretamente o Concello de Santiago xunto coa Vicerreitoría de Igualdade da Universidade Santiago a través do programa Woman Emprende, elaborou un programa que ten como obxectivo principal favorecer a contratación do talento feminino, eliminando calquera nesgo de xénero, consciente ou inconsciente, que exista nos procesos de selección. O dito proxecto, denomimado Talento en […]